Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021876AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021876AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 8 de novembro do 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021876AE-OU

34267255S

Avenida de Santiago, nº 118-4º D, 32001 Ourense

2021900AE-OU

X2589368M

Rúa Marentín (lugar de Vilela), nº 12, 32350 A Rúa (Ourense)

2021917AE-OU

X6007786W

Rúa Pizarro, nº 18-2º dta., 32005 Ourense

2021940AE-OU

47031419F

Camiño da Cerámica, nº 31 C, 32630 Xinzo de Limia (Ourense)

2021952AE-OU

X3173864W

Rúa Almendralejo, nº 11-2º D, 32350 A Rúa de Valdeorras (Ourense)