A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021546AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.
Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.
Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 8 de novembro de 2022
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIE da persoa interesada |
Último enderezo coñecido |
2021546AE-OU |
45160314K |
Fonteboa, nº 36, 32573 Maside (Ourense) |
2021766AE-OU |
47615234J |
A Abelleira, nº 12, 32899 Muíños (Ourense) |
2021855AE-OU |
44497691M |
Rúa Seixo, nº 9, Moreiras, 32920 Toén (Ourense) |
2021856AE-OU |
71512789Q |
Avenida El Caribe, nº 41-1º B, 24401 Ponferrada (León) |
2021857AE-OU |
X7232337X |
Rúa Mus, nº 10, 32840 Bande (Ourense) |