Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021954AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021954AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 8 de novembro de 2022

Laura López del Castillo
Jefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/CNI da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021954AE-OU

72526869A

Pasales, nº 18, baixo, 36312 Castrelos, Vigo (Pontevedra)

2021955AE-OU

72482826M

Pasales, nº 18, baixo, 36312 Castrelos, Vigo (Pontevedra)

2021992AE-OU

71520813J

Rúa Circunvalación, nº 3, 32350 A Rúa (Ourense)

2021323AE-OU

45141336H

Rúa do Medio, bloque 15, Cabeza de Vaca, 32002 Ourense

2021372AE-OU

15AU58267

Rúa Malburguete, nº 33, porta A, San Miguel do Campo, 32161 Nogueira de Ramuín (Ourense)