Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica unha resolución ditada no procedemento BS626F (expediente 27028026020 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse mediante este anuncio as persoas interesadas relacionadas no anexo para proceder á notificación das resolucións dos recursos de alzada presentados por elas, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, núm. 70, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos do coñecemento do texto íntegro das ditas resolucións e do expediente administrativo. Advírteslles que, de non o faceren así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 21 de outubro de 2022

Fco. Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo e data

BS626F27031001120

X9699703M

Resolución desestimación do recurso 20.4.2022

BS626F27028008915

Y3454476M

Resolución desestimación do recurso 21.3.2022