Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS618D (expediente 15030016222E e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de non o faceren, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren realizada a emenda, se considerarán desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 11 de outubro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15030016222E

52459864S

Requirimento de emenda da solicitude

7.9.2022

15073002721E

Y5020304Q

Requirimento de emenda da solicitude

20.9.2022

15002002422E

740021107V

Requirimento de emenda da solicitude

20.9.2022

15078013822E

740021107V

Requirimento de emenda da solicitude

12.7.2022

15013000222E

46293489D

Requirimento de emenda da solicitude

9.6.2022