Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 27047000122 e cinco máis).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para notificarlles as resolucións ditadas nos procedementos instados por elas, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro das resolucións que se notifican e do expediente administrativo. Advírteselles que, de non o faceren así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Así mesmo, advírteselles que contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 21 de outubro de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo e data

BS618D27047000122

34272861D

Denegación 5.4.2022

BS618D27050000222

76777265E

Desistencia 23.3.2022

BS618D27028004122

35695349Q

Desistencia 20.7.2022

BS618D27057002522

Y8349667Z

Denegación 13.7.2022

BS618D27006000222

33546822B

Imposibilidade material 16.6.2022

BS618D27028002622

Y6312992N

Imposibilidade material 16.6.2022