Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente-e IN407A 2022/22-1).

Expediente-e: IN407A 2022/22-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS lugar de Augapesada, s/n.

Concello: Ames.

Feitos:

Primeiro. O 22.12.2020, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado LMTS, CTC e RBTS lugar de Augapesada, s/n, coa finalidade de atender a petición de subministración de obra de 9,2 kW, no lugar de Augapesada, termo municipal de Ames. Para este fin, proxéctase a substitución do centro de transformación (CT) de intemperie Castiñeiro de Lobo de 160 kVA de potencia (expediente IN407A 2016/2752-1/ matrícula 15AJQ8) e instálanse un novo centro de transformación de 250 kVA de potencia, unha liña de media tensión soterrada que o alimentará desde a liña de distribución de media tensión LMT SNT-821 procedente da subestación de Santiago e novas saídas de baixa tensión desde o centro de transformación para enlazar coa rede de baixa tensión da zona e dar a subministración solicitada.

Segundo. A promotora achega xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMTS, CTC e RBTS lugar de Augapesada, s/n, subscrito o 14.1.2022 por Alejandro Fernández Reza, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 4.683 do COETI de Vigo), que inclúe a acreditación do cumprimento de toda a normativa que lle é de aplicación nos termos establecidos na alínea 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Anexo subscrito o 25.5.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial (colexiado nº 15.670 do COII de Madrid).

Terceiro. A solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. inclúe unha relación concreta e individualizada dos bens e/ou dereitos que o solicitante considera de necesaria expropiación segundo o establecido no artigo 55 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Cuarto. A solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. someteuse ao trámite de información pública mediante o Acordo do 1 de xullo de 2022 desta xefatura territorial, que foi publicado nos seguintes medios:

– DOG núm. 146, do 2.8.2022.

– BOP núm. 134, do 15.7.2022.

– Xornal La Voz de Galicia, do 25.7.2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Ames, segundo certificado municipal do 29.8.2022.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouselles ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas que emitiran informe ou, de ser o caso, estableceran o condicionado técnico que considerasen pertinente sobre a proposta técnica recollida no proxecto de referencia obxecto da solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A., para o que lles foi remitida unha separata do dito proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte en que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Ames.

Sexto. Con data do 18.10.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto LMTS, CTC e RBTS lugar de Augapesada, s/n, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• LMTS a 20 kV, de 23 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), con orixe no apoio existente nº D-54-3-CT (matrícula A1WM2QN6) de formigón tipo HVH-1600/13, da LMT SNT-821 e remate no CTC proxectado.

• Novo CT prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/400-230 V, cunha configuración de celas 2L+1P, dotado de equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro (4) saídas.

• Desmantelamento do CT de intemperie existente Castiñeiro do Lobo (expediente IN407A 2016/2752-1/matrícula 15AJQ8), instalado no apoio nº D-54-3-CT (matrícula A1WM2QN6) da LMT SNT-821, que será substituído polo novo CT indicado no punto anterior.

• Emprazamento: lugar de Augapesada, termo municipal de Ames.

4. Non consta no expediente que durante o trámite de información pública fosen presentadas alegacións en oposición á solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto LMTS, CTC e RBTS lugar de Augapesada, s/n, feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

5. Non consta no expediente contestación da Administración local ao informe que lle foi solicitado, de tal xeito que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 3, do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, enténdese a conformidade do Concello de Ames coas especificacións técnicas propostas no proxecto de execución.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións recollidas no proxecto LMTS, CTC e RBTS lugar de Augapesada, s/n, de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

– Esta autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Esta autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV, de conformidade co artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará expresamente a esta xefatura territorial a autorización da súa explotación acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 25 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña