Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de varias árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de varias árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2022/2360822.

Data: 26.9.2022.

Solicitante: Concello de Barro.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Curro.

Concello: Barro.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2022/2528094.

Data: 16.10.2022.

Solicitante: Miguel Prado García.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Donas.

Concello: Gondomar.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2022/2625957.

Data: 27.10.2022.

Solicitante: Concello de Teo.

Especie: Sequoia sempervirens (Lamb.) Endl.

Localidade: Reis.

Concello: Teo.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2022/2626884.

Data: 27.10.2022.

Solicitante: Concello de Teo.

Especie: Sequoia sempervirens (Lamb.) Endl.

Localidade: Reis.

Concello: Teo.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto: información pública de árbores senlleiras.

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, avenida Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra.

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural