Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANI-CO-0080/2022-V e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro, DOG núm. 194, do 11 de outubro, e BOE núm. 263, do 30 de outubro) sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede desta xefatura territorial provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 5º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 2 de novembro de 2022

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada/DNI

Acto de notificación

ANI-CO-0080/2021-V

Propietario do DNI 44806250L

Proposta de resolución

ANI-CO-0102/2021-V

Propietario do DNI 32713521T

Proposta de resolución