Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2022, da Xefatura territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente-e IN407A 2022/168-1).

Expediente-e: IN407A 2022/168-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación CTC Santa Comba (15CN08).

Situación: concello de Ferrol.

Feitos:

Primeiro. O 11 de maio de 2022 UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitoulle a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Regulamentación CTC Santa Comba (15CN08), coa finalidade de proceder á regulamentación do centro de transformación (CT) Santa Comba (expediente IN407A 2016/1602-1/matrícula 15CN08), de 100 kVA de potencia, situado no lugar de Prioiro (parroquia de San Martín de Covas), termo municipal de Ferrol. Proxectouse para tal fin a substitución do centro de transformación existente tipo pombal debido ao seu mal estado e instalouse un novo centro de transformación prefabricado de 100 kVA e unha liña de media tensión soterrada que o enlazará coa liña de distribución de media tensión aérea SMR-723, procedente da subestación Santa Marina.

Segundo. O promotor achega, xunto coa antedita solicitude, o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Regulamentación CTC Santa Comba (15CN08), subscrito por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 2.980 do COETI de Vigo), acompañado pola declaración responsable asinada o 8 de outubro de 2021 polo dito técnico proxectista conforme o anexo I da Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG núm. 229, do 30 de novembro), e que inclúe a acreditación do cumprimento de toda a normativa que lle é de aplicación, nos termos establecidos no punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Anexo ao proxecto de execución subscrito por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial (colexiado nº 15.670 do COEI de Madrid), acompañado pola declaración responsable asinada o 7.6.2022 polo dito técnico proxectista conforme o anexo I da Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG núm. 229, do 30 de novembro).

Terceiro. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento do condicionado técnico que considerasen pertinente ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, para o cal lles foi remitida unha separata do proxecto que contiña as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Ferrol.

Quinto. Con data 18 de outubro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do  12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto Regulamentación CTC Santa Comba (15CN08), obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

– LMTS a 15 kV, de 19 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 121-8 (matrícula AK4LATUV) de formigón tipo AM-AG-HV-630/15-CR1-CAIII-XS existente, da LMT SMR-723 e remate no CTC proxectado.

– Novo CT Santa Comba prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración de celas 1L+1P.

– Desmantelamento do CT Santa Comba existente en edificio tipo pombal (expediente IN407A 2016/1602-1/matrícula 15CN08).

4. Respecto da separata para o Concello de Ferrol, este emitiu un informe en que indica o seguinte:

– Tras a consulta dos arquivos do Negociado de Licenzas non consta ningunha solicitude de licenza da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. para esta obra.

– Segundo o artigo 142, licenzas urbanísticas e comunicacións previas, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, este tipo de obras estarían suxeitas ao respectivo réxime de control municipal dos actos de edificación e uso do solo.

– Nesta situación, no ámbito das miñas competencias e desde o punto de vista técnico, emito informe sobre a non conformidade urbanística do proxecto para regulamentación CTC Santa Comba-15CN08, con data 6.10.2022.

5. Respecto do informe anterior, UFD Distribución Electricidad, S.A. alegou o seguinte:

– En contestación ao escrito do 1 de xullo de 2022 de traslado do informe do Concello de Ferrol, organismo afectado pola obra do asunto, esta sociedade informa que, unha vez autorizado o proxecto e previamente ao inicio da obra, solicitará ante o Concello a correspondente licenza municipal.

– A finalidade do proxecto é a substitución do centro de transformación de caseta do tipo pombal CT Santa Comba con matrícula 15CN08 por centro de transformación prefabricado rural fin de liña, e está motivada pola necesidade de regulamentación da instalación debido ao mal estado da caseta actual.

Así mesmo, cómpre indicar que, de acordo co artigo 120.2, do título VII, do Real decreto 1955/2000, as autorizacións a que se refire o presente título serán outorgadas, sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

6. O informe presentado polo Concello de Ferrol no trámite de separatas non entra a valorar o proxecto desde o punto de vista urbanístico e oponse a el polo feito de non ter cursado UFD a solicitude de licenza municipal. Por este motivo, resulta de aplicación o disposto no artigo 120 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no que se refire a que as autorizacións administrativas solicitadas por UFD Distribución Electricidad, S.A. serán outorgadas sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, e queda o solicitante suxeito á obriga de solicitar a licenza municipal.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto Regulamentación CTC Santa Comba (15CN08) de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2, do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– A presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV, de conformidade co artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– As instalacións executaranse no prazo dun (1) ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará expresamente a esta xefatura territorial a autorización da súa explotación, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 24 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña