Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2022/187-1).

Expediente: IN407A 2022/187-1.

Solicitante: Fuciños Rivas, S.L.

Denominación: CT Melide di Lugano.

Termo municipal: Melide.

Feitos:

Primeiro. O 7 de xuño de 2022, Fuciños Rivas, S.L. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado CT Melide di Lugano, coa finalidade de cubrir a demanda de enerxía eléctrica na rúa Melide di Lugano e mellorar a rede de distribución por estaren alimentadas as subministracións desta zona por liñas excesivamente longas desde o centro de transformación Martín Freire (expediente IN407A 2016/831-1). Para tal fin proxéctase a instalación dun centro de transformación en local de edificio sito na rúa rolda de Pontevedra, unha liña de media tensión soterrada que o alimentará facendo conexión coa liña de distribución de media tensión Subderivada a Martín Freire (expediente IN407A 2016/870-1) e novas saídas de baixa tensión desde o centro de transformación para enlazar coa rede de baixa tensión da zona.

Segundo. O promotor achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado CT Melide di Lugano, subscrito por Severino A. Calvar Fonterosa, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 950 do COETI da Coruña), con visado nº 821/22-ST do 6 de xuño de 2022 do dito órgano colexial.

– Relación de normas UNE que hai que cumprir no proxecto denominado CT Melide di Lugano, subscrita o 26 de xullo de 2022 por Severino A. Calvar Fonterosa, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 950 do COETI da Coruña).

Terceiro. O técnico proxectista achega declaración responsable asinada o 6 de xuño de 2022, de cumprimento de toda a normativa que é de aplicación, de conformidade co número 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Cuarto. O proxecto presentado por Fuciños Rivas, S.L. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que dispón, con acordos previos con todas as persoas titulares, de bens e dereitos afectados polas instalacións descritas no proxecto de referencia.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento do condicionado técnico que consideren pertinente, ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, para o que lles foi remitida unha separata do proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para o seguinte organismo: Concello de Melide.

Sexto. Con data do 9 de novembro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por Fuciños Rivas, S.L.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto CT Melide di Lugano, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• Centro de transformación non prefabricado de obra civil, de 630 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,4-0,23 kV, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, dotado de conxunto de dispositivos regulamentarios de protección e manobra e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, que se instalarán en local específico localizado nos baixos do edificio de vivendas sito no nº 1 da rúa Rolda de Pontevedra.

• LMT soterrada baixo tubo Ø160 mm, a 20 kV (inicialmente a 15 kV), de 2×20 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al), coa orixe e remate nos empalmes MT que se realizarán na arqueta existente na confluencia da rúa Alexandre Bóveda e a rúa Melide di Lugano sobre a LMTS existente denominada subderivada a CT Martín Freire (expediente IN407A 2016/870-1), tras entrar e saír no novo CT proxectado.

• Emprazamento: rúa Melide di Lugano, Melide. Termo municipal de Melide.

4. Fuciños Rivas, S.L. manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Melide.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto CT Melide di Lugano de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo á lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2. do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– De conformidade co establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, Fuciños Rivas, S.L. solicitará a esta xefatura territorial a autorización de explotación destas, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe, en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a Fuciños Rivas, S.L. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña