De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos, ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro, DOG núm. 194, do 11 de outubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.
Para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento, as ditas persoas interesadas, poderán comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 5º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 26 de outubro de 2022
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
Anexo
Número de expediente |
Persoa interesada / DNI |
Acto |
ANI-CO-0003/2022-V |
34899738K |
Acordo de inicio |
ANI-CO-0005/2022-V |
32401034Z |
Acordo de inicio |
ANI-CO-0010/2022-V |
47359147P |
Acordo de inicio |
ANI-CO-0013/2022-V |
79327840N |
Acordo de inicio |
ANI-CO-0019/2022-V |
34999717L |
Acordo de inicio |
ANI-CO-0024/2022-V |
32782939G |
Proposta de resolución |
ANI-CO-0025/2022-V |
45923804A |
Proposta de resolución |