Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador ILL-PO-0024/2022.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 26 de outubro de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto notificado

Acto adoptado pola

ILL-PO-0024/2022

36152166F

Proposta

Instrutora