Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Luns, 14 de novembro de 2022 Páx. 59183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai público o acordo de aprobación do balance final e o proxecto de distribución do activo da entidade Merenda Creativa, S. Coop. Galega Xuvenil, adoptado pola Asemblea Xeral que tivo lugar o 21 de outubro de 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2 e no punto 2.c) da disposición adicional novena da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público o acordo de aprobación do balance final e o proxecto de distribución do activo da entidade Merenda Creativa, S. Coop. Galega Xuvenil, adoptado pola Asemblea Xeral celebrada o 21 de outubro de 2021.

O balance final previamente censurado polo órgano liquidador contén o seguinte detalle:

Total activo: 10.000,00 €.

Total patrimonio neto e pasivo: 10.000,00 €.

O proxecto de distribución do activo, previamente censurado polo órgano liquidador, é o seguinte:

Inexistencia de saldo correspondente ao fondo de educación e formación.

Inexistencia de saldo correspondente ao fondo de reserva obrigatorio.

Inexistencia de saldo correspondente aos fondos voluntarios irrepartibles.

Inexistencia de saldos para reintegrar ás persoas socias, correspondentes aos fondos voluntarios de libre disposición de carácter repartible.

Reintegrar aos socios as correspondentes achegas obrigatorias ao capital social, que ascenden a 5.000,00 € para cada un dos socios, e estes son dous socios.

A Coruña, 26 de outubro de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña