Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 59043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maceda

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, notifícanselles, por medio do presente anuncio no BOE, no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello de Maceda, aos interesados que resultan descoñecidos, se ignora o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación persoal, non se puido efectuar, as resolucións dos procedementos que se citan a seguir:

Expediente

Acto que se notifica

Persoas propietarias

Polígono-parcela/referencia catastral

785/2022

Resolución da Alcaldía sobre incoación de eliminación de biomasa sen xestionar en solo de núcleo rural colmatado

José Saa

Polígono 142, parcela 17

785/2022

Resolución da Alcaldía sobre incoación de eliminación de biomasa sen xestionar en solo de núcleo rural colmatado

José Luis Otero Fernández

Polígono 142, parcela 18

41/2022

Resolución da Alcaldía sobre incoación de eliminación de biomasa sen xestionar en solo urbano

Francisco Pérez Dávila

Referencia catastral 1104009PG1810S0001GA

788/2022

Resolución da Alcaldía sobre incoación de eliminación de biomasa sen xestionar en solo de núcleo rural colmatado

Herdeiros de Agustín Rey

Polígono 107, parcela 278

715/2022

Resolución da Alcaldía sobre incoación de eliminación de biomasa sen xestionar en solo de núcleo rural colmatado

Josefa López Rodríguez

Polígono 161, parcela 33

Requírense os propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión de biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e cos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Todo isto sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e o resto de trámites do expediente poderanse consultar, por comparecencia da persoa interesada, no departamento de Secretaría do Concello de Maceda para o seu coñecemento.

Maceda, 18 de outubro de 2022

Rubén Quintas Rodríguez
Alcalde