Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 58958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 25 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2022/135 e sete máis.

Unha vez intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, na rúa Basquiños, número 2, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/número de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2022/135

32771554G

Resolución

17.8.2022

PR905A 2022/136

55586846D

Resolución

18.7.2022

PR905A 2022/210

35945369A

Resolución

17.8.2022

PR905A 2022/309

55478245Z

Resolución

17.8.2022

PR905A 2022/322

49917633C

Resolución

18.7.2022

PR905A 2022/328

09843273D

Resolución

18.7.2022

PR905A 2022/389

12455203J

Resolución

17.8.2022

PR905A 2022/390

35213443Y

Resolución

6.10.2022