Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 58955

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala de xestión, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala de xestión da Universidade da Coruña (subgrupo A2), convocadas pola Resolución do 27 de agosto de 2019 (DOG do 9 de setembro).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira da escala de xestión da Universidade da Coruña (subgrupo A2) os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 2 de novembro de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala de xestión da Universidade da Coruña (subgrupo A2)

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***5200**

Boo Alonso, Rosa María

82,450

2

***8638**

Tajes Souto, María José

82,150

3

***8424**

Souto Alonso, María Belén

80,550

4

***4812**

Cruzado Beitia, Íñigo

77,500

5

***5961**

Pintos Señoráns, Silvia

77,026

6

***5182**

Ruibal López, María

76,982

7

***4960**

Aldao Cadierno, María Teresa

76,450

8

***5110**

Carrera Sampedro, Celsa

76,366

9

***8596**

Castro Nodar, Susana

75,883

10

***6061**

Hermida Calviño, María del Carmen

75,050

11

***0429**

Fraga Martínez, María Elena

73,916

12

***9641**

Lens García, María Isabel

73,100

13

***8976**

Añón Teijido, José Luís

71,950

14

***1441**

Sánchez Parada, María Carmen

71,117

15

***2215**

Martínez Rial, Silvana María

71,050

16

***7736**

Martínez Antelo, Teresa

70,683

17

***9399**

Rodríguez Fuentes, Beatriz

70,683

18

***1473**

Álvarez Álvarez, María Isabel

70,633

19

***0980**

Romero Rozas, Rubén

70,433

20

***8786**

Gacio Corral, María Paula

70,350

21

***9524**

Bao Ibe, Rosana

69,200

22

***3504**

Currás Paz, Mónica

69,049

23

***8872**

Vieites Ponte, Carlos

68,533

24

***4831**

Arias Vázquez, Rocío

68,533

25

***9544**

Seoane Sande, María Teresa

67,733