Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2022 Páx. 58960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Friol (expediente IN407A 2022/178-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: instalación de reconectador TC no apoio nº 21 da LMT FRO804 Friol.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• Reforma da LAMT FRO804 Friol 4, a 20 kV, coa substitución dos apoios de madeira e formigón existentes entre os apoios núms. BFLVWFWT//35-A-20 e BFO419GS//35-A-29 por novos apoios de celosía metálica números BFM8EMK5//35-A-22 de tipo C-1000-14, BFN241DI de tipo C-2000-18, BFO2IDGP//35-A-27 de tipo C-1000-16 e BFNJB7EH//35-A-26 de tipo C-3000-16.

• Substitución do condutor LA-30 existente por LA-56 entre os apoios núms. BFLVWFWT//35-A-20 e BFO419GS//35-A-29, cunha lonxitude de 715 m. Regulación do condutor existente entre os apoios números BFLKOS7S//35-A-19 e BFLVWFWT//35-A-20 e entre o BFNJB7EH//35-A-26 e o BFOD0KBX//35-A-26-1.

• Substitución do apoio núm. 21 da LMT FRO804 de tipo HV-15/1600 por un novo apoio de celosía de tipo C-16/2000 en que se instalará un reconectador telecontrolado. Cambio do condutor LA-110 existente por outro do mesmo tipo entre os apoios números 21 e 22, cunha lonxitude de 127 m e retensado do condutor existente sobre os apoios contiguos a estes.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, nº 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e no seguinte enlace web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/ltm-friol

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións para os escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de instalación do reconectador TC no apoio nº 21 da LMT FRO804 (Friol).

Concello: Friol.

Expediente: IN407A 2022-178-2.

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m2)

Lonxitude (ml)

Superficie (m2)

1

Marques Espiñeira, José Manuel

54

74

Gándara

Matogueira

21

10.0