Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58587

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 2 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, crea a Axencia Turismo de Galicia, entidade co obxectivo básico de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo. Entre o seu obxecto atópase o impulso á innovación, investigación, formación e cualificación das empresas e profesionais do sector turístico. Dentro da Axencia Turismo de Galicia atópase o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (en diante CSHG) que, entre as súas funcións, ten o desenvolvemento da docencia e a investigación conforme as exixencias metodolóxicas e substantivas propias de toda institución do ámbito universitario.

Mediante a Orde do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 128, do 8 de xullo) fixáronse os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

A citada orde foi modificada pola Orde do 6 de setembro de 2016 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), no que respecta á denominación da titulación Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, que pasa a denominarse Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Así mesmo, a Orde do 22 de agosto de 2017 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) e a Orde do 3 de outubro de 2019 (DOG núm. 199, do 18 de outubro) modifican o seu artigo 4, relativo á actualización dos prezos. Do mesmo xeito, actualizouse a listaxe de servizos incluídos no anexo e elimináronse os servizos que xa non se prestaban no CSHG para alumnos propios e, no uso de instalacións, eliminouse o servizo de pista de tenis.

A incorporación do Grao en Xestión de Empresas á carteira de titulacións impartidas no CSHG e os cambios no funcionamento interno, fan precisa a modificación do anexo «Prezos privados dos servizos» da Orde do 3 de outubro de 2019 no que respecta ao concepto de manutención alumno interno, diferenciando manutención en réxime de media pensión e manutención en réxime de pensión completa. Así mesmo, dado o tempo transcorrido desde a súa fixación, actualízase a listaxe de servizos incluídos no anexo. A epígrafe «Consultoría e formación» pasa a denominarse «Formación continua, teleformación e consultoría». Elimínanse os servizos correspondentes aos obradoiros de cociña, elaboración de receitas e asesoramento a instalacións hostaleiras, e engádense servizos de formación e teleformación.

Na epígrafe «Aula cafetaría, restaurante buffet e restaurante carta» elimínanse referencias que xa non se comercializan, inclúense novas e actualízanse os prezos das que se manteñen na oferta.

Corresponde, ademais, modificar a Orde do 4 de xullo de 2014, no que respecta ao incremento da contía dos prezos polo IVE.

A presente orde consta dun artigo único, en que se procede a modificar o artigo 3.2 e o anexo.

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Axencia Turismo de Galicia, e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta consellería e vicepresidencia segunda

DISPÓN:

Artigo único. Modificación da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Un. O artigo 3.2 queda redactado como segue:

«Artigo 3. Contía dos prezos

2. Os prezos a que se refire esta orde veranse incrementados co IVE vixente no momento da prestación do servizo».

Dous. O anexo queda redactado como segue:

ANEXO

Prezos privados dos servizos

Alumnos propios CSHG.

Concepto

€/ud.

Manutención alumno interno MP (curso)

917,73

Manutención alumno interno PC (curso)

1.562,22

Aloxamento en réxime cuarto dobre (curso)

2.353,07

Aloxamento en réxime cuarto individual (curso)

4.521,63

Fianza réxime interno (curso)

257,05

Duplicados tarxeta alumno

5,09

Certificado académico simple

19,55

Certificado académico con programas

61,18

Expedición de título académico

126,57

Uso de residencia.

Concepto

€/ud.

Pensión completa (mes)

616,92

Aloxamento (mes)

411,28

Pensión completa (semana)

205,64

Aloxamento (semana)

143,95

Uso de instalacións.

Concepto

€/ud.

Aula cociña demostración (media xornada)

339,90

Aula cociña demostración (xornada completa)

679,80

Aula cata (media xornada)

339,90

Aula cata (xornada completa)

679,80

Aula cociñas (por evento)

5.098,48

Formación continua, teleformación e consultoría.

Servizos de formación continua e teleformación

€/h.

Deseño de cursos de formación e teleformación

246,77

Impartición de hora de formación presencial no CSHG

95,00

Impartición de hora de formación presencial nacional

135,00

Impartición de hora de formación presencial internacional

165,00

Impartición de hora de formación a distancia (webinar)

100,00

Hora/alumno curso teleformación a medida (plataforma) ata 30 horas

3,50

Hora/alumno curso teleformación a medida (plataforma) de máis de 31 horas

3,10

Servizos de consultoría

€/h.

Prezo hora consultoría Galicia

154,23

Prezo hora consultoría nacional

185,07

Prezo hora consultoría internacional

226,20

Aula cafetaría.

Concepto

– Refrescos, zumes, auga mineral

Refrescos

1,36

Zumes

1,36

Auga mineral 1/3

0,90

– Cervexas

Con alcohol

1,45

Sen alcohol

1,09

– Cafés, chocolates, infusións

Café só, cortado, con leite, descafeinado, chocolate e Cola Cao

0,91

Café dobre

1,18

Capuchino

1,27

Infusións

0,91

– Pinchos e bolaría

Chapata

0,73

Pincho de tortilla

1,59

Porción de pizza

1,59

Bolaría

0,91

Especialidade (pincho da semana)

1,59

Tumaka

1,36

– Suxestións

Sandwich mixto

1,73

Sandwich vexetal

1,73

Tortiñas con nata

1,09

Torradas

1,09

Batidos naturais

1,09

Aula restaurante buffet.

Concepto

€/ud.

Menú

4,55

Aula restaurante carta.

Concepto

€/ud.

Menú degustación con bebida

21,46

– Entrantes

Entrante de verduras

7,00

Entrante de pastas e arroces

10,00

Entrantes con ovos

5,00

Entrantes con mariscos

12,30

Entrantes de frituras

4,20

Sopas e cremas

4,20

Peixe branco

14,40

Peixe azul

10,20

Peixe de acuicultura

8,50

Carnes vermellas de primeira

12,00

Carnes vermellas de segunda e terceira

10,70

Aves de curral

14,00

Pratos de caza

18,00

Porco celta

14,50

Cordeiro-cabrito

16,00

Sobremesas de queixo

5,00

Sobremesas de froita

3,50

Sobremesas de chocolate

4,60

Sobremesas de cremas frías

5,60

– Carta de bebidas espirituosas

– Aperitivos

Pedro Ximénez PX

2,45

Burmeister 10

4,70

Oremus Tokaji

4,60

Moscatel

3,00

Tío Pepe

1,40

Campari

1,69

Fernet Branca

1,20

Ricard

2,51

Martini Bianco

1,35

Martini Rosso

1,35

Martini Seco

1,35

Nordesía Tinto

1,90

Nordesía Blanco

1,90

ST, Petroni

2,30

Manzanilla La Guita

1,45

– Brandys e coñacs

Armagnac

5,40

Carlos I

6,01

Duque de Alba

5,40

Larios 1866

10,00

Lepanto

6,01

Magno

3,00

Cardenal Mendoza

5,59

Courvoisier

8,44

Hennessy

5,59

Martell

6,64

Remy Martin

8,32

– Gin, ron, vodkas

Bacardí 8

4,30

Bombay

5,00

Gordons

2,50

Tanqueray

3,70

Ron Bacardí

3,00

Cacique

3,70

Habana 7 años

4,75

Absolut

3,15

Moskovskaya

3,00

– Licores

Benedictine

1,16

Carolans

3,00

Cointreau

3,70

Drambuie

5,15

Frangélico

3,30

Licor de melocotón Tilford

1,85

Baileys

3,70

Kahlúa

3,70

Mazá Tilford

1,85

Marie Brizard

1,85

Pacharán

2,20

Tía María

4,00

– Whiskys

Knockando

6,60

Ballantines 15

6,10

Ballantines 5

3,15

Chivas 12

5,50

Chivas 21

18,97

Glenfiddich

6,55

Cardhu

6,30

JB 5

3,50

JB 15

5,55

Jack Daniels

4,80

Johnnie W Black

6,00

– Outros espirituosos

Calvados

6,11

Kirsch

2,90

Marc de Champagne

4,11

Augardente Condes de Albarei

3,70

Augardente Lúa

2,90

Augardente Pazo Señoráns

4,50

Pera Williams

6,30

Tequila

3,00

Augardente herbas Ulla

2,53

Crema de augardente

2,63

Licor Café de Galicia

3,00

– Carta de cafés

Descafeinado Colombia

1,13

Brasil S.M.

1,13

Colombia Supremo

1,13

Moca Etiopía

1,13

Blue Montain

2,50

Café só

1,13

Café cortado

1,13

Café con leite

1,13

Café dobre

1,40

Macela

1,00

1,00

Tila

1,00

Descafeinado de sobre

1,13

Poleo menta

1,00

Tés especiais

1,13

– Carta de viños

Pazo Señoráns

11,69

Terras Gauda

11,13

Viña Somoza

9,88

Casal de Armán

10,20

Guitián

10,00

Viñas del Vero Chardonnay

8,48

Waltraud

13,70

Santa Digna Rosé

7,90

Vía Romana

10,20

Atrium

9,34

Santa Digna

8,71

Codorníu Pinot Noir

13,31

Ana de Codorníu

11,14

Sauternes

10,00

Tostado do Ribeiro

9,00

Fillaboa

11,00

Fillaboa 37 cl,

5,20

Tabú Godello

5,40

Coto Gomariz

10,20

Ramón do Casar

9,95

Viñaredo

8,60

Viñas del Vero Gewürztraminer

10,92

Legaris Verdejo

7,60

Mencía Regina Viarum

8,40

Abadía da Cova Mencía

9,95

Mencía Ponte da Boga

8,40

Mencía Ladairo

7,86

Mencía Crego Monaguillo

10,20

Mencía Tabú

8,40

Mencía Quinta da Peza

8,40

Mencía Alán de Val

8,70

Viñas Del Vero Cabernet Sauvignon

8,70

Dominio de la Abadesa

11,00

Legaris Crianza

13,60

Duero Arzuaga CR

15,25

Duero Resalso

10,90

Viña Pomal Selección Crianza

8,70

Viña Pomal Reserva

12,00

Remelluri Reserva

15,00

La Montesa

10,20

Viña Pomal 50 cl

7,00

Royal Carlton

10,90

– Carta de refrescos

Bitter Kas

1,82

Auga litro

1,65

Auga 1/3

0,90

Refresco cola

1,70

Refresco laranxa

2,00

Refresco limón

2,00

Mosto

1,95

Zume de tomate

2,05

Zume de laranxa natural

1,50

Cervexas

1,90

Cervexas sen alcohol

1,80

Cervexa de importación

1,90

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes