Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2022 Páx. 58597

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 2 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, crea a Axencia Turismo de Galicia, entidade co obxectivo básico de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo. Entre o seu obxecto atópase o impulso á innovación, investigación, formación e cualificación das empresas e profesionais do sector turístico. Dentro da Axencia Turismo de Galicia atópase o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (en adiante, CSHG) que, entre as súas funcións, ten o desenvolvemento da docencia e a investigación conforme as exixencias metodolóxicas e substantivas propias de toda institución do ámbito universitario.

Mediante a Orde do 4 de xullo de 2014 (DOG núm.128, do 8 de xullo) fixáronse os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións impartidas polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

A citada orde foi modificada pola Orde do 6 de setembro de 2016 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), no que respecta á denominación da titulación Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, que pasa a denominarse Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Así mesmo, a Orde do 22 de agosto de 2017 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) e a Orde do 3 de outubro de 2019 (DOG núm. 199, do 18 de outubro) modifican o seu artigo 3 e a segunda delas tamén fixa os prezos privados para o alumnado que obteña unha bolsa ou axuda ao estudo.

A incorporación do grao universitario en Xestión de Empresas Hostaleiras, grao universitario oficial, acreditado pola Universidade de Santiago de Compostela, á carteira de titulacións impartidas no CSHG, require a modificación do anexo «Prezos privados dos estudos» incorporando esta nova titulación, así como a actualización do concepto reserva de praza e anticipo de matrícula e a actualización dos conceptos que inclúe a matrícula ordinaria.

A presente orde consta dun único artigo, no cal se modifica o anexo.

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Axencia Turismo de Galicia e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta vicepresidencia segunda e consellería

DISPÓN:

Artigo único. Modificación da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

O anexo da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia queda redactado como segue:

ANEXO

Prezos privados dos estudos

1. Prezos de matrícula ordinaria por titulación:

• Titulación matrícula Diploma Superior en Xestión Hoteleira: 7.711,44 €:

– Alumnado beneficiario dunha bolsa do tipo I: 1.542,29 €.

– Alumnado beneficiario dunha bolsa do tipo II: 3.855,72 €.

• Titulación matrícula Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña: 7.084,24 €:

– Alumnado beneficiario dunha bolsa do tipo II: 3.542,12 €.

• Titulación matrícula Grao a tempo completo en Xestión de Empresas Hostaleiras: 7.711,44 €:

– Alumnado beneficiario dunha bolsa do tipo I: 1.542,29 €.

– Alumnado beneficiario dunha bolsa do tipo II: 3.855,72 €.

• Titulación matrícula Grao a tempo parcial en Xestión de Empresas Hostaleiras: 3.855,72 €:

– Alumnado beneficiario dunha bolsa do tipo I: 771,14 €.

– Alumnado beneficiario dunha bolsa do tipo II: 1.927,86 €.

2. Prezos anticipo de praza e outros:

• Diploma superior en Xestión Hoteleira e Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña:

– Anticipo de matrícula: 411,28 €.

– Dereitos de matrícula por materia: 246,77 €.

– Dereitos de exame en 3ª convocatoria e extraordinaria: 246,77 €.

• Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras:

– Anticipo de matrícula: 411,28 €.

– Dereitos de matrícula por materia: 40 € por crédito ECTS.

3. Conceptos que inclúe a matrícula ordinaria:

• Diploma superior en Xestión Hoteleira e Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña:

– Dereitos de matrícula.

– Apertura de expediente e servizos xerais.

– Docencia: sesións teóricas e prácticas, sesións de titoría.

– Dereitos de exame de 1ª e 2ª convocatoria.

– Uniformes de prácticas.

– Set de utensilios de traballo (para cociña e servizos).

– Excursións de interese docente organizadas polo CSHG.

– Seguro de accidentes (válido por un ano natural).

– Comida de luns a venres durante todo o curso (incluído o período de exames finais de 1ª convocatoria), menos os períodos de vacacións.

– Alta de socio, como alumno/a, no Club de Antigos Alumnos.

– Uso de instalacións deportivas do CSHG: pistas de tenis, fútbol sala, ximnasio.

• Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras:

– Dereitos de matrícula no CSHG.

– Apertura de expediente e servizos xerais no CSHG.

– Docencia: sesións teóricas e prácticas, sesións de titoría.

– Dereitos de exame de 1ª convocatoria (dúas oportunidades por curso académico).

– Uniformes de prácticas.

– Set de utensilios de traballo (para cociña e servizos).

– Excursións de interese docente organizadas polo CSHG.

– Alta de socio, como alumno/a, no Club de Antigos Alumnos.

– Uso de instalacións deportivas do CSHG.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes