Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 4 de outubro de 2022 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(exp. 1522-2022)

Resolución inicio O.E. do 28.9.2022

36043A023006040000JH

(polígono 23-parcela 604)

Buchabade

Hdos. de Josefa Muíños Cortizo

Orde de execución

(exp. 1599-2022)

Resolución inicio O.E. do 28.9.2022

36043A032001340000JX 

(polígono 32-parcela 134)

Anceu

Descoñecido/a

Orde de execución

(exp. 1598-2022)

Resolución inicio O.E. do 29.9.2022

36043A032001330000JD (polígono 32-parcela 133)

Anceu

Armerinda Garrido

Orde de execución

(exp. 1600-2022)

Resolución inicio O.E. do 27.9.2022

36043A048007810000JM 

(polígono 48-parcela 781)

Taboadelo

José Orge

Orde de execución

(exp. 1389-2022)

Resolución inicio O.E. do 28.9.2022

36043A024000340000JS (polígono 24-parcela 34)

Parada

Hdos. de José Lois Estévez 

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se puider determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultar infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e para repercutir os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 4 de outubro de 2022

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente