Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de administrativo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 206, do 31 de outubro de 2022, publicouse o anuncio relativo ás bases e á convocatoria que rexerán o seguinte procedemento de selección:

Persoal: funcionario. Grupo: C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Denominación: administrativo. Vacantes: 1. Forma de provisión: oposición. Quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, sen prexuízo da posibilidade de seren obxecto de publicación na web do Concello de Oroso co fin de lograr unha maior difusión.

Oroso, 31 de outubro de 2022

Luis Rey Villaverde
Alcalde