Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de outubro de 2022 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/136/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 14 de setembro de 2022, ditou resolución pola cal se declara que as obras consistentes na ampliación da planta baixa do inmoble sito na rúa da Caldeirería, en Santiago de Compostela, sobre o espazo existente entre as unidades edificatorias 4104.01 e 4104.02, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade 33268776N, 33246520C, 33121726R, 331983699S, 33235467F, 44826028V e 44826029H, aos herdeiros da persoa titular do documento nacional de identidade 33120266K e a Francisco Antonio López Barcia, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística