Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de outubro de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de construción de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, de clave PO/21/195.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 13 de outubro de 2022 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, de clave PO/21/195.06, no municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

A actuación proxectada na intersección entre as estradas PO-548 (punto quilométrico p.q. 16+320) e PO-192 (puntos quilométricos pp.qq. 3+770-3+860) no concello de Vilagarcía de Arousa (parroquias de Bamio e Carril) ten por obxecto implantar un itinerario peonil alternativo segregado do tráfico rodado, que fomente as viaxes a pé en detrimento das viaxes a motor, reducindo así as emisións de CO2 e mellorando a seguridade viaria no treito indicado.

A descrición da actuación pódese consultar na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, na respectiva ficha descritiva do proxecto.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, nº 1, 36000 Vilagarcía de Arousa).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192.

PO/21/195.06.

Concello de Vilagarcía de Arousa.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Propietarios/as

DNI

Exprop. (m2)

Clase

Sit. básica do solo

Uso do solo

1

36060A01600398

16

398

Ferreira Faro, Santiago Luis (Hros.)

***8237**

65,72

Rústico

Solo rural

Agrario

2

36060A01600529

16

529

En investigación

---

65,33

Rústico

Solo rural

Agrario

3

36060A01600534

16

534

En investigación

---

23,09

Rústico

Solo rural

Agrario

4

36060A01600535

16

535

En investigación

---

67,00

Rústico

Solo rural

Agrario

5

8788513NH1188N

87885

13

O Castriño, S.L.

B28789022

23,06

Urbano

Solo urbanizado

Solo sen edif.