Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2022 Páx. 58383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato de Trabajadores Independientes de Comercio de la Comunidad Autónoma de Galicia (Fetico Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato de Trabajadores Independientes de Comercio de la Comunidad Autónoma de Galicia (Fetico Galicia):

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser afiliados os traballadores activos de calquera sector produtivo que opere na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os traballadores desempregados e xubilados ou incapacitados que estaban afiliados ao sindicato durante a súa vida activa como traballadores.

– Asinantes: Juan Ignacio Quintana Horcajada e David Cadierno Pájaro.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais