En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados (Asgoca):
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán ser membros da Asociación os organismos de control autorizados para tal fin polos ministerios competentes e que, por tanto, cumpran as exixencias da Lei 25/2009 e do Real decreto 2200/1995 ou calquera decreto ou normativa que os substitúa ou modifique, e que ademais fosen autorizados para actuar na Comunidade Autónoma de Galicia pola Administración competente en materia de industria.
– Asinantes: Ana Belén Cupeiro e César Pacios González.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais