Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 31 de outubro de 2022, realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sostible de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 e PO-305, de clave PO/22/117.06, nos municipios de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e Caldas de Reis (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 e PO-305, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/117.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos cales se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e nas casas dos concellos de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1, 36000), Ribadumia (avenida de Ribadumia, 3, 36636) e Caldas de Reis (rúa Ferrería, 1, 36650).
Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes, a seguinte documentación:
• A documentación íntegra do proxecto.
• Un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación
de zonas de baixas emisións nas cidades galegas VG-4.3, AG-41 e PO-305
Clave: PO/22/117.06
Nº |
Referencia catastral |
Políg. |
Parc. |
Subparcela |
Propietario/s |
DNI |
Exprop. |
Clasificación urbanística |
Sit. básica do solo |
Uso |
Bens afectados |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
|||||||||||
1 |
36060A040003950000GO |
40 |
395 |
En investigación |
--- |
96,00 |
Rústico común |
Rural |
Matogueira |
||
Concello de Ribadumia |
|||||||||||
2 |
36046F504005890001XX |
504 |
589 |
a |
Peiteado Varela, Ramona |
***4401** |
1.166,00 |
Núcleo rural sen categorizar |
Urbanizado |
Prado regadío |
140 ml de valado metálico |
2 |
36046F504005890000ZZ |
504 |
589 |
b |
Peiteado Varela, Ramona |
***4401** |
2.597,00 |
Rústico de especial protección de infraestruturas |
Rural |
Prado regadío |
|
Concello de Caldas de Reis |
|||||||||||
3 |
36005B516017900000ZD |
516 |
1790 |
Cascallar Baltar, Francisco |
***7364** |
1.811,00 |
Rústico de especial protección de infraestruturas e protección agropecuaria |
Rural |
Labor secaño |
||
4 |
36005B516017890000ZI |
516 |
1789 |
Quintela Gómez, María Teresa |
***6811** |
1.285,00 |
Rústico de especial protección agropecuaria |
Rural |
Labor secaño |
||
5 |
36005B516017880000ZX |
516 |
1788 |
Ferreiro Magariños, Serafín |
***4509** |
780,00 |
Rústico de especial protección de infraestruturas e protección agropecuaria |
Rural |
Prado |
||
6 |
36005B516017910000ZX |
516 |
1791 |
Eirea Pena, María del Carmen |
***4431** |
359,00 |
Rústico de especial protección de infraestruturas e protección agropecuaria |
Rural |
Labor secaño |