No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 190, do 5 de outubro de 2022, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como a convocatoria que rexerá o seguinte procedemento de selección:
Persoal: laboral fixo. Grupo: grupo IV. Denominación: encargado de obras. Nivel: 18. Vacantes: 1. Forma de provisión: concurso-oposición. Quenda: libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, sen prexuízo da posibilidade de que sexan obxecto de publicación na web do Concello de Oroso para os efectos de lograr unha maior difusión.
Oroso, 6 de outubro de 2022
Luis Rey Villaverde
Alcalde