Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57603

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela 5.1 do Plan parcial do sector SUNP I-33-R (expediente 2022/PLANEAM/000018-FG 705).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2022004822, do 11 de outubro de 2022, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da parcela 5.1 do Plan parcial do sector SUNP I-33-R (Documento R.E. nº 2022014023, do 19.9.2022).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de outubro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente