Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57602

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO polo que se publica a sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade de pleno dereito do Plan especial de protección e rehabilitación (PEPR) do barrio de Ferrol Vello.

O Tribunal Supremo, na súa sentenza 234/2022, do 23 de febreiro (recurso de casación número 4555/2020), decidiu:

«Primeiro. Reiterar a doutrina xurisprudencial indicada no fundamento quinto desta sentenza.

Segundo. Declarar procedente e estimar o presente recurso de casación número 4555/2020, interposto pola representación procesual de Segismundo e Silvio contra a sentenza do 31 de xaneiro de 2020, ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, en consecuencia, casar e anular a sentenza impugnada no aspecto analizado, por non ser conforme dereito.

Terceiro. Estimar o recurso contencioso-administrativo 4128/2016, seguido ante a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e declarar a nulidade de pleno dereito do acordo do Pleno municipal do Concello de Ferrol, do 16 de decembro de 2015, polo que se aprobou definitivamente o Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello.

O que se publica de conformidade e para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ferrol, 17 de outubro de 2022

O Alcalde
P.D. (Alcaldía 8.7.2019, BOP do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna