Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación número 3 das normas subsidiarias.

Aprobada inicialmente a modificación número 3 das normas subsidiarias de San Sadurniño, por Acordo do Pleno do 29 de setembro de 2022, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao de publicación do deste anuncio.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado para formular alegacións e estará á disposición na sede electrónica deste concello [http://sansadurnino.sedelectronica.gal]

Este anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas na área afectada pola modificación: referencias catastrais 5004401NJ7250S0001LY e 15077A504000370000YD segundo o ámbito definido no plano de ordenación.

San Sadurniño, 6 de outubro de 2022

Secundino García Casal
Alcalde