Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57483

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2022 pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Universidades.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia (DOG do 3 de xullo), reflicte no capítulo II, sección primeira, artigo 55, a definición, adscrición e competencias do Consello Galego de Universidades, como órgano colexiado de consulta e asesoramento da consellería competente en materia universitaria para o desenvolvemento da política de coordinación e planificación do Sistema universitario de Galicia.

A sección segunda, artigo 58.1, da Lei 6/2013, do 13 de xuño, regula a composición do Consello Galego de Universidades, que estará integrado polos seguintes membros: a) O conselleiro ou a conselleira competente en materia de universidades. b) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino universitario. c) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino superior non universitario. d) Un representante de cada unha das consellerías competentes en materia de investigación e desenvolvemento, orzamentos e sanidade, designados polos conselleiros ou as conselleiras entre as persoas titulares de órganos de dirección. e) Os reitores ou as reitoras das universidades integrantes do SUG. f) As persoas titulares das xerencias das universidades integrantes do SUG. g) Os presidentes ou as presidentas dos consellos sociais das universidades integrantes do SUG. h) Catro membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á súa representación no Pleno do Parlamento. i) A persoa responsable da dirección da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia.

O nomeamento e cesamento no seu cargo dos membros a que se refiren as letras a), b), c), d), e), f), g) e i) do punto anterior determinará, automaticamente, a adquisición e perda da condición de membro do Consello Galego de Universidades.

Os acordos de designación dos membros elixidos polo Parlamento de Galicia seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e producirá efectos a partir desa data. A duración do mandato dos membros do Consello Galego de Universidades de designación parlamentaria será de catro anos, e permanecerán en funcións desde o remate do dito período ata a toma de posesión dos novos membros.

De acordo co artigo 59.2 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, os membros do Consello Galego de Universidades perderán a súa condición por terminación do mandato, por renuncia, por incapacidade declarada por resolución xudicial firme, por morte ou declaración de falecemento, por cesamento dos membros que teñan esta condición por razón do seu cargo ou por condena xudicial firme que comporte a inhabilitación ou a suspensión de emprego ou cargo público.

A presidencia designará e removerá o secretario ou a secretaria do Consello Galego de Universidades entre persoal funcionario do grupo A1. De recaer a designación nunha persoa que non sexa membro do Consello Galego de Universidades, esta actuará con voz e sen voto.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Facer pública a composición do Consello Galego de Universidades, que estará constituido polos seguintes membros:

a) O conselleiro competente en materia de universidades:

– Presidente: Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, nomeado polo Decreto 60/2022, do 15 de maio.

b) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino universitario:

– Vicepresidente: José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades, nomeado polo Decreto 282/2009, do 7 de maio.

Vogais:

c) A persoa titular do órgano superior de dirección competente en materia de ensino superior non universitario:

– Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, nomeada polo Decreto 75/2022, do 25 de maio.

d) Un representante de cada unha das consellerías competentes en materia de investigación e desenvolvemento, orzamentos e sanidade, designados polos conselleiros ou as conselleiras entre as persoas titulares de órganos de dirección:

– Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación, da Consellería de Economía, Industria e Innovación, nomeada polo Decreto 167/2016, do 2 de decembro.

– Almudena Chacón Pichel, directora xeral de Planificación e Orzamentos, da Consellería de Facenda e Administración Pública, nomeada polo Decreto 148/2021, do 29 de outubro.

– María Estrella López-Pardo Pardo, xerente do Servizo Galego de Saúde, da Consellería de Sanidade, nomeada polo Decreto 138/2022, do 4 de agosto.

e) Os reitores das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia:

– Julio Ernesto Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña, nomeado polo Decreto 5/2020, do 9 de xaneiro.

– Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, nomeado polo Decreto 35/2022, do 17 de marzo.

– Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo, nomeado polo Decreto 110/2022, do 9 de xuño.

– Miguel Ángel Escotet Álvarez, reitor da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), nomeado polo Patronato da Fundación Universidad Intercontinental de la Empresa, con data do 14 de setembro de 2021.

f) As persoas titulares das xerencias das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia:

– Ramón Alberto del Valle López, xerente, nomeado pola Resolución da universidade da Coruña do 14 de xaneiro de 2020.

– Antonio Javier Ferreira Fernández, xerente, nomeado pola Resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 14 de xuño de 2018.

– Yolanda Lesmes Romero, xerente, nomeada pola Resolución da Universidade de Vigo do 14 de xullo de 2022.

– Pedro Antonio Otero Espinar, secretario xeral, nomeado polo Patronato da Fundación Universidad Intercontinental de la Empresa, con data do 14 de setembro de 2021.

g) Os presidentes dos consellos sociais das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia:

– Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, nomeado polo Decreto 40/2022, do 24 de marzo.

– Cecilia Sierra Rey, presidenta do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, nomeada polo Decreto 104/2019, do 5 de setembro.

– Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, nomeado polo Decreto 39/2022, do 24 de marzo.

h) Os membros designados pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia, competente en materia universitaria:

– Begoña Barreiro Fernández.

– Senén Barro Ameneiro.

– Irene Garrido Valenzuela.

– Montserrat Valcárcel Armesto.

i) A persoa responsable da dirección da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia:

– José Eduardo López Pereira, director da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia, nomeado pola Orde do 2 de setembro de 2009.

Secretaria: María Beatriz Soutelo Ferro, subdirectora xeral de Universidades.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades