O día 30 de maio de 2022 publicouse no DOG núm. 102 a Orde do 2 de maio de 2022, pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (código de procedemento ED314D).
O punto segundo do artigo 14 da convocatoria establece que a entidade beneficiaria terá como data límite para a presentación da xustificación completa o 31 de outubro de 2022.
Tendo en conta o atraso nos trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes, resulta necesario ampliar o prazo de presentación da documentación necesaria para efectuar o libramento establecido na convocatoria.
Polo exposto,
DISPOÑO:
1. Modificar o prazo de presentación da documentación necesaria para efectuar o libramento ata o 18 de novembro de 2022, polo que resulta ampliado en 18 días naturais o prazo regulado no artigo 14.2 da citada orde.
2. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2022
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades