Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57487

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 25 de outubro de 2022 pola que se aproba a relación de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir as estadías en prazas de establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2022.

No Diario Oficial de Galicia núm. 192, do 7 de outubro de 2022, publicouse a Orde do 26 de setembro de 2022 pola que se regula a oferta de estadías en establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2022 e se realiza a súa convocatoria (código de procedemento BS607A).

O número de estadías convocadas comprende 637 prazas e a súa distribución por establecementos balnearios figura no anexo IV da convocatoria.

A resolución correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, segundo o disposto no artigo 12 da dita orde.

De conformidade co disposto no artigo 12.3 publicaranse no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións e os actos administrativos que afecten as persoas interesadas. Non obstante, e tendo en conta que a publicación destes actos poden lesionar dereitos e intereses lexítimos das persoas solicitantes, publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería (http://politicasocial.xunta.gal) unha simple indicación do acto xunto coas listas do artigo 14, conforme o establecido no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación da Resolución do 25 de outubro de 2022 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas nos balnearios e quendas mencionados para o ano 2022 que figuran no anexo.

Ao abeiro da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas poderán consultar os resultados da adxudicación e da lista de espera na páxina web que se indica: http://politicasocial.xunta.gal

Do total de estadías para os establecementos balnearios convocadas resultan adxudicadas as indicadas no anexo.

Segundo. A adxudicación de prazas vacantes con posterioridade á resolución realizarase, se é o caso, conforme o disposto no artigo 14 da orde de convocatoria.

Terceiro. A concesión da praza adxudicada queda condicionada á obriga por parte das persoas beneficiarias de confirmar por escrito a súa aceptación, xunto co xustificante de pagamento da cantidade de 30 euros que, en concepto de reserva, se debe facer efectiva no balneario asignado no prazo indicado na resolución de concesión.

Cuarto. A Resolución do 25 de outubro de 2022 pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á fin do prazo de dez días establecido no punto primeiro, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao prazo de dez días mencionado, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2022

Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Destinos

Datas e quendas

Número de estadías nas prazas adxudicadas

Balneario de Acuña (Caldas de Reis)

Do 15 ao 24 de novembro

10

Do 24 de novembro ao 3 de decembro

10

Caldaria Termal, S.L.U. Arnoia (Arnoia)

Do 7 ao 18 de novembro

15

Do 21 ao 30 de novembro

15

Iberik Augas Santas Balneario (Ferreira de Pantón)

Do 7 ao 16 de novembro

20

Do 21 ao 30 de novembro

20

Do 5 ao 14 de decembro

20

Os Baños da Brea (Vila de Cruces)

Do 1 ao 10 de novembro

10

Do 12 ao 21 de novembro

10

Do 24 de novembro ao 3 de decembro

10

Balneario de Molgas, S.L. (Baños de Molgas)

Do 2 ao 11 de novembro

12

Do 14 ao 23 de novembro

12

Do 25 de novembro ao 4 de decembro

12

Balneario Hotel Dávila (Caldas de Reis)

Do 7 ao 16 de novembro

6

Do 9 ao 18 de novembro

6

Do 21 ao 30 de novembro

8

Gran balneario do Carballiño (O Carballiño)

(con aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño)

Do 7 ao 16 de novembro

60

Baños Vellos de Carballo, S.A. (Carballo)

Do 3 ao 12 de novembro

8

Do 15 ao 24 de novembro

10

Do 26 de novembro ao 5 de decembro

20

Do 5 de decembro ao 14 de decembro

25

Termas de Cuntis, S.L. (Cuntis)

(con aloxamento no Hotel Castro do balneario)

Do 2 ao 11 de novembro

32

Do 11 ao 20 de novembro

30

Do 2 ao 11 de decembro

14

Caldaria Termal, S.L.U. Laias (Cenlle)

Do 14 ao 23 de novembro

15

Do 8 ao 17 de decembro

10

Caldaria Termal, S.LU. Lobios (Lobios)

(con aloxamento no Hotel Lusitano)

Do 15 ao 24 de novembro

20

Hotel Balneario de Compostela (Brión)

Do 24 de novembro ao 3 de decembro

20

Balneario do Río Pambre, S.L. (Palas de Rei)

Do 7 ao 16 de novembro

28

Balneario Termas de Lugo, S.L. (Lugo)

Do 8 ao 17 de novembro

20

Do 18 ao 27 de novembro

20

Do 1 ao 10 de decembro

16

Mondariz (Mondariz Balneario)

Do 2 ao 11 de novembro

10

Do 8 ao 17 de novembro

10

Do 14 ao 23 de novembro

10

Do 29 de novembro ao 8 de decembro

14

Do 1 ao 10 de decembro

16