Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57475

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 176/2022, do 20 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Mondariz duns treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262, do treito inicial da estrada PO-261, dunhas sendas peonís da estrada PO-262 e da estrada PO-431 na súa totalidade, xunto coa súa franxa de dominio público viario, así como do dominio público viario, con excepción da calzada e das beiravías, do treito final da estrada PO-262.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Mondariz presenta un escrito á Axencia Galega de Infraestruturas en que manifesta o seu interese na transferencia de titularidade ao seu favor dos seguintes treitos de estradas autonómicas:

– Treito inicial da PO-261 do p.q. 0+000 ao 0+490.

– Treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262.

– Treito final da PO-262 do p.q. 3+520 ao 3+750.

– Senda peonil na estrada PO-262.

– Estrada PO-431 na súa totalidade.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos definidos no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de outubro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Mondariz duns treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262, do treito inicial da estrada PO-261, dunhas sendas peonís da estrada PO-262 e da estrada PO-431 na súa totalidade, xunto coa súa franxa de dominio público viario:

Treito

Denominación

p.q.i

Coordenadas

UTM (ETRS89 fuso 29)

p.q.f

Coordenadas

UTM (ETRS89 fuso 29)

Marxe

Lonx. aprox. (m)

1.1.

Treito antigo da PO-254

Límite do concello

x= 544.566

y= 4.675.192

8+680

x= 544.575

y= 4.675.299

MD

119

1.2.

Treito antigo da PO-254

8+890

x= 544.626

y= 4.675.495

9+010

x= 544.646

y= 4.675.606

MD

138

2.

Treito inicial da PO-261

(trazado actual)

0+000

x=544.910

y=4.675.774

0+500

x=545.391

y=4.675.684

-

500

3.1.

Treito antigo da PO-262

0+570

x=545.194

y=4.673.093

0+690

x=545.119

y=4.673.174

MD

116

3.2.

Treito antigo da PO-262

1+060

x=545.207

y=4.673.488

1+240

x=545.363

y=4.673.606

ME

296

3.3.

Treito antigo da PO-262

1+830

x=545.317

y=4.674.091

1+990

x=545.207

y=4.674.214

ME

209

3.4.

Treito antigo da PO-262

2+020

x=545.203

y=4.674.236

2+150

x=545.153

y=4.674.365

ME

140

3.5.

Senda peonil da PO-262

2+150

x=545.153

y=4.674.365

2+250

x=545.116

y=4.674.459

ME

101

3.6.

Treito antigo da PO-262

2+250

x=545.116

y=4.674.459

2+360

x=545.073

y=4.674.557

ME

114

3.7.

Senda peonil da PO-262

2+360

x= 545.073

y=4.674.557

2+800

x=544.873

y=4.674.936

ME

441

3.8.

Treito antigo da PO-262

2+800

x=544.876

y=4.674.940

2+890

x=544.882

y=4.675.032

ME

129

3.9.

Treito antigo da PO-262

3+050

x= 544.996

y=4.675.146

3+170

x=545.038

y= 4.675.263

MD

144

5.

Estrada PO-431

0+000

x=544.731

y=4.675.705

0+080

x=544.733

y=4.675.777

-

80

Aprobar o cambio de titularidade do dominio público viario, con excepción da calzada e das beiravías, correspondente ao seguinte treito:

Treito

Denominación

p.q.i

Coordenadas

UTM (ETRS89)

p.q.f

Coordenadas

UTM (ETRS89)

Marxe

Lonx.(m)

4.

Treito final da PO-262

3+210

x=545.028

y=4.675.294

3+750

x=544.902

y=4.675.772

-

540

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado mediante o Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir nel o cambio de titularidade do treito inicial da PO-261 e a eliminación da estrada PO-431, así como o cambio de denominación da estrada PO-252, que quedaría do seguinte xeito:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito

(km)

Lonxitude total

(km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

PO-252

Mondariz (PO-254)-Moscoso (PO-250)

Mondariz (PO-254)-Moscoso (PO-250)

0+000

13+750

13,75

13,75

Local

Estrada convencional

Pontevedra

PO-261

Mondariz leste-Maceira (PO-255)

Mondariz leste-Maceira (PO-255)

0+500

16+610

16,11

16,11

Local

Estrada convencional

Pontevedra

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade serán efectivos ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Mondariz, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidere corresponderlle como nova Administración titular das vías transferidas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de outubro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade