Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2022 Páx. 57465

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no Diario Oficial de Galicia do 5 de maio de 2022, a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

Segundo o establecido no artigo 16.4 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao amparo da orde antes referida, expresando a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas, que se relacionan nas táboas que se xuntan, como anexo I (beneficiarios) e anexo II (non beneficiarios), financiadas con cargo á aplicación 08.02.541D.760.1, liñas 1 e 2, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

b) Aplicación orzamentaria: 08.02.541D.760.1, código de proxecto 2022 00037, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022, 2023, 2024 e 2025.

c) Finalidade da axuda: o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, en concreto, encamiñadas á construción de novos puntos limpos e melloras nos puntos limpos existentes.

d) Destinatarias: as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia.

e) Porcentaxe de financiamento e concorrencia con outras subvencións: a axuda está cofinanciada nun 90 % con cargo aos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, establecido polo Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece o Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resulta de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas.

O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo beneficiario/a e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), cos seguintes importes máximos de subvención:

Liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 300.000 €.

Liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 130.000 €.

f) Período subvencionable e prazo de execución: o período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2025, ambos os dous incluídos, tendo en conta as datas límite para a súa xustificación, ben que condicionado ao exercicio orzamentario a que se queira imputar e tendo en conta as datas límite para a súa xustificación, segundo o sinalado no artigo 21 da convocatoria.

g) Xustificación das subvencións: os beneficiarios das axudas quedan obrigados a acreditar, no prazo máximo a que se refire o artigo 21 das bases reguladoras, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada; así, a data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de novembro do ano correspondente á anualidade a que se impute o orzamento, da seguinte maneira:

a) O 30 de novembro de 2022, para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2022.

b) O 30 de novembro de 2023, para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023.

c) O 30 de novembro de 2024, para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2024.

d) O 30 de novembro de 2025, para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2025.

En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, o beneficiario deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe concedido; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, por tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida.

A xustificación terá que axustarse ao sinalado nos artigos 22 e 23 da Orde do 28 de abril de 2022 (DOG núm. 87, do 14 de maio).

h) Requisitos que se deben observar: segundo o regulado no artigo 4, número 4, da convocatoria, sen prexuízo do que resulte de aplicación segundo o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación e, se é o caso, respecto de contrato menor con adxudicación directa, no caso desta última o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

i) Aceptación e renuncia das subvencións: transcorridos 10 días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se notificará ao interesado por medios electrónicos.

j) Pagamento da axuda e posibilidade de solicitar anticipo: de conformidade co preceptuado no artigo 24 da convocatoria, o pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nas bases reguladoras.

Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria. As entidades beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado deberán manifestalo expresamente no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo VI.

De non presentar a solicitude de pagamento anticipado, enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso, o pagamento das axudas levarase a cabo unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo de que a entidade beneficiaria, no prazo establecido, presente a documentación xustificativa a que se refire o artigo 23 das bases reguladoras.

De conformidade co disposto no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, as entidades locais están exoneradas de constituír garantía no caso de solicitar anticipos.

Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería concedente, antes de realizar o pagamento final, poderán levar a cabo as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, así como o cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Os órganos competentes da consellería concedente poderán solicitar ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren conveniente. Advírtese de que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Cando o custo xustificado da actividade ou investimento sexa inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe, sempre que coa parte realmente executada se poida entender cumprida a finalidade da subvención.

O pagamento realizarase logo de que o órgano concedente verifique o cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

k) Modificación da resolución: toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Recursos: as resolucións ditadas ao abeiro das bases reguladoras porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala directamente diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución é expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO I

Beneficiarios

Liña 1.

Expediente

Solicitante

Liña

Axuda total concedida

% de
cofinanciamento

Axuda concedida 2022 (€)

Axuda concedida 2023 (€)

Axuda concedida 2024 (€)

Axuda concedida 2025 (€)

PPLL-031-2022-RES

Concello de Agolada

Liña 1-Novos PL

176.371,24 €

10,00 %

4.869,60 €

154.908,21 €

3.523,59 €

13.069,84 €

PPLL-008-2022-RES

Concello de Melón

Liña 1-Novos PL

84.484,14 €

10,00 %

5.321,84 €

23.591,03 €

55.195,63 €

375,64 €

PPLL-036-2022-RES

Concello de Sober

Liña 1-Novos PL

97.506,00 €

10,00 %

48.389,40 €

16.086,60 €

17.478,90 €

15.551,10 €

PPLL-032-2022-RES

Concello de Touro

Liña 1-Novos PL

300.000,00 €

11,11 %

11.852,63 €

28.267,37 €

129.940,00 €

129.940,00 €

PPLL-054-2022-RES

Concello de Mondoñedo

Liña 1-Novos PL

261.000,00 €

10,00 %

1.080,00 €

129.285,00 €

129.285,00 €

1.350,00 €

PPLL-012-2022-RES

Concello de Guitiriz

Liña 1-Novos PL

183.586,67 €

10,00 %

4.507,29 €

170.347,18 €

3.405,78 €

5.326,42 €

PPLL-027-2022-RES

Concello de Vilasantar

Liña 1-Novos PL

297.000,00 €

10,00 %

9.000,00 €

264.600,00 €

20.250,00 €

3.150,00 €

PPLL-021-2022-RES

Concello de Salvaterra de Miño

Liña 1-Novos PL

266.925,10 €

10,00 %

133.462,55 €

44.487,51 €

44.487,52 €

44.487,52 €

PPLL-041-2022-RES

Concello de Redondela

Liña 1-Novos PL

299.996,68 €

10,00 %

8.235,21 €

155.530,62 €

98.970,76 €

37.260,09 €

PPLL-006-2022-RES

Agrupación de Cualedro, Trasmiras e Monterrei

Liña 1-Novos PL

299.977,62 €

17,59 %

149.988,82 €

49.996,27 €

49.996,27 €

49.996,27 €

Liña 2.

Expediente

Solicitante

Liña

Axuda total concedida

% de cofinanciamento

Axuda concedida 2022 (€)

Axuda concedida 2023 (€)

Axuda concedida 2024 (€)

Axuda concedida 2025 (€)

PPLL-010-2022-RES

Concello de Valga

Liña 2-Mellora PL

130.000,00 €

10,00 %

5.295,76 €

25.062,00 €

51.826,18 €

47.816,06 €

PPLL-001-2022-RES

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova

Liña 2-Mellora PL

50.023,65 €

10,00 %

6.969,56 €

34.179,69 €

5.702,50 €

3.171,90 €

PPLL-056-2022-RES

Concello de Ordes

Liña 2-Mellora PL

80.113,68 €

10,00 %

1.134,65 €

14.069,35 €

38.291,68 €

26.618,00 €

PPLL-022-2022-RES

Concello de Foz

Liña 2-Mellora PL

31.966,20 €

10,00 %

10.818,00 €

8.098,20 €

3.240,00 €

9.810,00 €

PPLL-016-2022-RES

Concello de Portomarin

Liña 2-Mellora PL

39.339,77 €

10,00 %

19.302,04 €

5.803,18 €

1.926,15 €

12.308,40 €

PPLL-009-2022-RES

Concello das Neves

Liña 2-Mellora PL

25.326,45 €

10,00 %

468,29 €

16.420,03 €

1.758,04 €

6.680,09 €

PPLL-005-2022-RES

Concello de Ribadeo

Liña 2-Mellora PL

20.259,00 €

10,00 %

180,00 €

13.959,00 €

4.320,00 €

1.800,00 €

PPLL-029-2022-RES

Concello da Laracha

Liña 2-Mellora PL

129.984,37 €

35,71 %

7.071,90 €

30.728,12 €

61.456,24 €

30.728,11 €

PPLL-023-2022-RES

Concello de Miño

Liña 2-Mellora PL

41.191,30 €

10,00 %

24.516,97 €

6.372,41 €

7.893,28 €

2.408,63 €

PPLL-025-2022-RES

Concello de Láncara

Liña 2-Mellora PL

54.429,02 €

10,00 %

35.090,67 €

18.057,64 €

793,94 €

486,77 €

PPLL-053-2022-RES

Concello de Trabada

Liña 2-Mellora PL

23.184,63 €

10,00 %

7.533,63 €

5.409,00 €

8.280,00 €

1.962,00 €

PPLL-024-2022-RES

Concello do Porriño

Liña 2-Mellora PL

129.600,00 €

10,00 %

7.200,00 €

52.200,00 €

67.500,00 €

2.700,00 €

PPLL-007-2022-RES

Concello de Porto do Son

Liña 2-Mellora PL

35.548,50 €

10,00 %

4.314,61 €

24.440,95 €

5.360,04 €

1.432,90 €

PPLL-057-2022-RES

Concello de Sanxenxo

Liña 2-Mellora PL

7.644,96 €

10,00 %

4.500,00 €

1.704,96 €

1.080,00 €

360,00 €

PPLL-004-2022-RES

Agrupación da Pontenova, Riotorto, Ribeira de Piquín, A Pastoriza, Meira e Pol

Liña 2-Mellora PL

25.401,04 €

10,00 %

3.510,00 €

12.765,28 €

7.856,77 €

1.268,99 €

PPLL-043-2022-RES

Concello de Cambados

Liña 2-Mellora PL

79.764,30 €

10,00 %

4.725,00 €

17.938,80 €

55.525,50 €

1.575,00 €

PPLL-014-2022-RES

Concello de Pontedeume

Liña 2-Mellora PL

47.778,69 €

10,00 %

37.711,31 €

4.605,54 €

3.588,71 €

1.873,13 €

PPLL-058-2022-RES

Concello de Ribadumia

Liña 2-Mellora PL

130.000,00 €

53,06 %

17.204,36 €

103.875,24 €

7.543,45 €

1.376,95 €

PPLL-039-2022-RES

Concello de Vilalba

Liña 2-Mellora PL

26.868,67 €

10,00 %

8.488,80 €

13.836,25 €

3.274,63 €

1.268,99 €

PPLL-002-2022-RES

Concello de Chantada

Liña 2-Mellora PL

76.523,28 €

10,00 %

2.196,90 €

57.540,06 €

15.517,33 €

1.268,99 €

ANEXO II

Non beneficiarios e motivo da exclusión

Nº expediente

Nome solicitante

Motivo

PPLL-003-2022-RES

Concello de Silleda

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-011-2022-RES

Concello de Oza-Cesuras

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-013-2022-RES

Concello de Vilanova de Arousa

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-018-2022-RES

Concello de Arteixo

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-019-2022-RES

Concello de Negueira de Muñiz

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-026-2022-RES

Concello de Muros

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-034-2022-RES

Concello de Xove

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-035-2022-RES

Concello de San Xoán de Río

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-037-2022-RES

Concello da Pobra do Brollón

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-040-2022-RES

Concello de Viveiro

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-051-2022-RES

Concello de Mos

Non ter emendado en tempo e/ou forma debida o que se lles requiriu

PPLL-015-2022-RES

Concello de Vila de Cruces

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-017-2022-RES

Concello de Santa Comba

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-020-2022-RES

Concello de Noia

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-028-2022-RES

Concello de Pantón

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-030-2022-RES

Concello de Sarria

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-033-2022-RES

Concello de Carballo

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-038-2022-RES

Concello de Ribeira

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-042-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Abegondo)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-044-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Bergondo)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-045-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Betanzos)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-046-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Cambre)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-047-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Carral)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-048-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Sada)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-049-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Culleredo)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-050-2022-RES

Consorcio As Mariñas (Oleiros)

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-052-2022-RES

Concello de Quiroga

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-055-2022-RES

Concello de Val do Dubra

O proxecto non acadou a puntuación de corte de 49,1 puntos requirida para a liña 2, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria existente

PPLL-059-2022-RES

Concello de Dozón

O proxecto non acadou a puntuación de 30 puntos requirida para esta liña subvencionable