No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 187, do 30 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
Unha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo do Concello das Somozas, Administración especial, grupo C, subgrupo C2, incluída na oferta de emprego público para 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
As Somozas, 30 de setembro de 2022
Juan Alonso Tembrás
Alcalde