No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 186, do 29 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
Unha praza de operario/a de instalacións deportivas, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, incluída na oferta de emprego público extraordinaria regulada pola Lei 20/2021, do 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
As Somozas, 29 de setembro de 2022
Juan Alonso Tembrás
Alcalde