Mediante a Resolución da Alcaldía do 6 de outubro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección de persoal, mediante concurso, para unha praza de traballador/a para o posto de encargado/a de velorio municipal e servizos varios, a media xornada, persoal laboral fixo, acollido ao proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Vilamarín. Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello (vilamarin.sedelectronica.es) aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse na sede electrónica deste concello (vilamarin.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios, para maior difusión.
Vilamarín, 6 de outubro de 2022
Amador Vázquez Vázquez
Alcalde presidente