Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2022 Páx. 57081

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 25 de outubro de 2022 pola que se nomea a Manuel Corredoira López vicepresidente do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no terceiro punto do artigo 3 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, e en desenvolvemento da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, o Consello Escolar de Galicia, na súa sesión do 11 de outubro de 2022, elixiu a Manuel Corredoira López vicepresidente do citado órgano.

En virtude do exposto anteriormente,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear vicepresidente do Consello Escolar de Galicia a Manuel Corredoira López, que tomará posesión do seu cargo ante o presidente do Consello Escolar de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades