Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden a autorización administrativa previa e a de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2022/198-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Vectura Development Spain, S.L., NIF B42846733.

Domicilio social: rúa Velázquez, 64, 4º esquerda, 28001 Madrid.

Denominación: proxecto eléctrico de media tensión para novo centro de seccionamento de compañía 15 kV para nave loxística.

Situación: rúa Marconi, polígono O Espírito Santo, Cambre (A Coruña).

Características técnicas:

Nova instalación eléctrica de alta tensión, composta por:

– Liña de media tensión subterránea de 15 kV, con inicio e fin en empalmes proxectados entre o centro de seccionamento 15CTG1 e o centro de transformación 15CHB3 na LMT existente SMC706, propiedade da empresa distribuidora, e con entrada e saída no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV, 240 mm2 Al, lonxitude 8 m.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado, composto por tres celas de liña e unha de servizos auxiliares (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

A Coruña, 27 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña