Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara, no concello da Guarda, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/013-4).

A instalación denominada reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 5 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 29 de decembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello da Guarda.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e se informará de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 4 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

anexo

Reforma LMT DC ROS809-ROS806 A Gándara

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 servidume de paso soterrada

1

36023A041000140000UT

Cruz

Descoñecido

2

16,74

4

9

2

36023A041000300000UE

Telleiro

Antolín e Víctor Estévez Portela

3

1,44