Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56658

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2022 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade, mediante a Resolución do 10 de xuño de 2022 (BOE do 23 de xuño), para a provisión da praza número 22/036 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade, a favor de Matilde Massó Lago, con DNI ***6324**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Matilde Massó Lago profesora titular de universidade da área de coñecemento de Socioloxía, Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 17 de outubro de 2022

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña