Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Colegio Eduardo Pondal, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 40 dos estatutos sociais (cambio de capital social), da entidade Colegio Eduardo Pondal, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 29 de decembro de 2021, por unanimidade. O novo capital social da cooperativa é 762.180,29 euros.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 40 dos estatutos (cambio de capital social), da entidade Colegio Eduardo Pondal, S. Coop. Galega.

Vigo, 11 de outubro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra