Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Coden, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio de enderezo social), da entidade Coden, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 9 de agosto de 2021, por unanimidade. O novo domicilio social da cooperativa é a rúa Arenal, número 138, oficina 1, no concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio de enderezo social) da entidade Coden, S. Coop. Galega.

Vigo, 6 de outubro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra