Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56632

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade das seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 5 de maio de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o seguimento de pragas e enfermidades forestais, incluíndo a medición continuada das parcelas forestais contidas nas redes de seguimento na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: realización da rede de parcelas tanto no número de parcelas como na distribución das especies, realización de mostraxes e informes segundo a especie e a praga, toma de medidas de prevención, control de axentes nocivos, sinalización de madeira en pé e sacas urxentes de madeira susceptible de ser afectada por organismos nocivos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 12 de maio de 2022 ata o 31 de maio de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns catrocentos oitenta e dous mil setecentos sesenta e cinco euros con sesenta e tres céntimos (2.482.765,63 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.6 (código de proxecto 2016 00199).

2. Resolución do 23 de maio de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o apoio á conservación e o fomento dos recursos xenéticos para o cultivo nos viveiros da Falmega (Oroso), Santa Cruz (Oleiros) e Sambreixo (Guitiriz), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: realización dos diferentes labores de que consta o proceso de reprodución do castiñeiro híbrido por mergullo baixo e as tarefas necesarias para o cultivo nos viveiros (raíz núa, envase ou invernadoiro). Entre as actividades que se van realizar figuran: hormonado, extracción dos barbados de zume, transplante, preparación de novas cepas e eliminación das sobrantes, preparación do terreo, fertilización mineral, plantación de parcelas, preparación dos bancais de cultivo, aplicación de herbicidas...

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a data de sinatura da orde de execución ata o 30 de xuño de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte e un mil douscentos noventa e nove euros con sesenta e seis céntimos (221.299,66 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.1 (código de proxecto 2016 00201).

3. Resolución do 23 de maio de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o apoio á conservación do material forestal de reprodución, procesado de semente forestal de alto valor xenético e actualización do rexistro de material base na Comunidade Autónoma de Galicia 2022-2023, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: traballos relativos á recollida de sementes, mediante distintos métodos e transporte para o seu almacenamento e posterior tratamento destas. Relaciónanse os diferentes labores que se deberán realizar:

a) Recollida das sementes en cortas de arboredo.

b) Recollida das sementes en árbores en pé.

c) Almacenaxe e transporte dos froitos á instalación.

d) Secado e procesado das sementes colleitas.

e) Conservación dos hortos de semente.

f) Preparación de documentación para novas unidades de admisión.

g) Coordinación de actividades nos viveiros propiedade da Xunta de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a data de sinatura da orde de execución ata o 30 de abril de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos cincuenta mil catrocentos corenta e seis euros con noventa e tres céntimos (250.446,93 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.1 (código de proxecto 2016 00201).

4. Resolución do 23 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o servizo de formación ao persoal do SPIF e de reforzo dos medios do dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais, no segundo semestre de 2022.

– Actividade: formación ao persoal que integra o dispositivo do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), así como o reforzo dos medios de transporte dispoñibles no dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais, durante o segundo semestre de 2022, e que vai contribuír a mellorar tanto a eficacia do dispositivo como a garantir a seguridade do persoal que o integra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día da sinatura da acta de inicio e ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón trescentos oitenta e seis mil douscentos cinco euros con corenta e nove céntimos (1.386.205,49 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.02.551B 601.1 (código proxecto 2002 15860) e 14.02.551B 640.1 (código de proxecto 2007 00480).

5. Resolución do 6 de xullo de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización do servizo de coordinación de seguridade e saúde en actuacións da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal nos anos 2022, 2023 e 2024.

– Actividade: tarefas de coordinación de seguridade e saúde en obras e servizos promovidos pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, tales como tratamentos silvícolas, mellora de infraestruturas, recuperación do potencial forestal e outras, servindo de apoio e asesoramento ao persoal da Xunta de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 21 de xullo de 2022 ata o 20 de xullo de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos trinta e tres mil cincocentos vinte euros con catro céntimos (233.520,04 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 640.1 (código de proxecto 2011 00977).

6. Resolución do 13 de xullo de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización do servizo de catalogación e dixitalización do Fondo Documental do Monte Galego para os anos 2022, 2023 e 2024.

– Actividade: selección dos documentos para catalogar e dixitalizar; revisión do estado físico da documentación; creación dunha base de datos para recuperación de información, catalogación e dixitalización; creación dunha base de datos específica para fotografías; creación dunha base de datos coa referencia dos mapas e planos existentes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 31 de xullo de 2022 ata o 20 de xullo de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos trinta e un mil novecentos sesenta e catro euros con noventa e sete céntimos (231.964,97 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 640.1 (código de proxecto 2011 00977).

7. Resolución do 5 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o encargo de execución para a mellora e construción de puntos de auga para a defensa contra incendios forestais en diferentes concellos da provincia da Coruña, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de cinco puntos de auga de diferentes características que permitan a carga de vehículos motobomba e/ou medios aéreos, a instalación de dous hidrantes de columna en zonas onde non é posible a construción dunha infraestrutura doutro tipo, así como a mellora de quince puntos de auga xa existentes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos trinta e nove mil catrocentos oito euros con vinte e dous céntimos (239.408,22 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B 622.1 (código de proxecto 2016 00212).

8. Resolución do 12 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización da obra de repoboación forestal en montes situados no concello da Fonsagrada, distrito forestal VII-A Fonsagrada-Os Ancares, na provincia de Lugo.

– Actividade: execución dunha obra de repoboación forestal nos montes, propiedade da Xunta de Galicia, de Vieiro, cunha superficie de actuación de 32,17 ha, e de Allonca, cunha superficie de 24,98 ha. Levaranse a cabo labores de roza, aburatamento, plantacións e colocación de rodrigas e tubos protectores.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 16 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos corenta e cinco mil vinte euros con cincuenta e cinco céntimos (245.020,55 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.4 (código de proxecto 2005 00285).

9. Resolución do 12 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización do servizo de coordinación da seguridade e saúde e apoio á dirección facultativa en actuacións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

– Actividade: tarefas de coordinación de seguridade e saúde en obras e servizos promovidos pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural nos anos 2022, 2023 e 2024, e prestacións de servizos de apoio técnico á dirección das obras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución é de 24,5 meses e comezará o 15 de agosto de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento catro mil setecentos vinte euros con noventa e un céntimos (104.720,91 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código de proxecto 2016 00219).

10. Resolución do 19 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización da obra de restauración do potencial forestal danado polos incendios forestais mediante obras de restauración hidrolóxico-forestal en varios montes do distrito forestal XIV, na provincia de Ourense, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: recuperar o potencial forestal nas zonas afectadas polo incendio do ano 2017 mediante repoboación e tratamentos silvícolas, así como a mellora das infraestruturas de defensa en montes conveniados e consorciados na provincia de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 16 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos trece mil seiscentos dezaoito euros con cincuenta e nove céntimos (413.618,59 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B 604.4 (código de proxecto 2016 00200).

11. Resolución do 24 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de catro puntos de carga de helicópteros e autobombas nos concellos de Avión, San Cristovo de Cea, Nogueira de Ramuín e Verín, da provincia de Ourense, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de catro puntos de auga que permitan a carga de helicópteros e de vehículos motobomba.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos noventa mil catrocentos vinte euros con vinte e seis céntimos (290.420,26 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B 622.1 (código de proxecto 2016 00212).

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural