Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56621

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade das seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 9 de maio de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución do proxecto técnico de reforma da Oficina Agraria Comarcal de Verín.

– Actividade: a execución do proxecto de reforma da parte do edificio proxectado inicialmente como Centro de Desenvolvemento Cooperativo, situado no polígono industrial de Pazos, que actualmente está configurado como un viveiro de empresas, para adaptalo ás novas necesidades do seu novo uso administrativo. O programa de necesidades da Oficina Agraria Comarcal de Verín desenvólvese ocupando os espazos en que actualmente se sitúan o salón de actos e o almacén deste edificio.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos doce mil douscentos setenta e un euros con cincuenta e oito céntimos (212.271,58 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A 632.1 (código de proxecto 2021 00084).

2. Resolución do 10 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da obra da rede de camiños secundarios e as súas medidas de protección ambiental e integración paisaxística, de acordo coa declaración de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense), cofinanciada ao 75 % polo Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: apertura de 94 camiños, acondicionamento de 57 camiños existentes, acondicionamento de 15 corredores culturais e ambientais, pavimentación de entroncamentos e obras de drenaxe transversal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 24 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón setecentos sesenta e cinco mil cento noventa e cinco euros con setenta e un céntimos (1.765.195,71 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código de proxecto 2016 00219).

3. Resolución do 10 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución das obras complementarias nos núcleos de San Martiño e Montouto (ZCP de Santa Baia de Losón, Lalín, Pontevedra), cofinanciado ao 75 % polo Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: apertura de 41 metros de camiño no núcleo de San Martiño, con mellora da capa de rodaxe en San Martiño e Montouto, acondicionamento de muros divisorios e colocación de 11 sinais informativos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 8 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitenta e un mil douscentos noventa e sete euros con setenta céntimos (81.297,70 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código de proxecto 2016 00219).

4. Resolución do 10 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo para o apoio técnico na revisión e seguimento na execución de obra dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias_Anualidade 2022-2023.

– Actividade: revisión técnica dos proxectos para unha maior garantía na realización das obras ao reducir as posibilidades de erros ou indefinicións mediante apoio no seguimento técnico na execución das obras e apoio no control e seguimento arqueolóxico.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e seis mil cincocentos setenta e dous euros con corenta e oito céntimos (186.572,48 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 640.1 (código de proxecto 2020 00079).

5. Resolución do 15 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución dos traballos dos camiños secundarios na zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis, A Coruña), cofinanciada ao 75 % polo Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: execución de actuacións nun total de 61 camiños, 44 de nova apertura e 17 de acondicionamento. Proxéctanse 6 seccións tipo diferentes para os de nova apertura en función das necesidades específicas. Tamén se colocarán 8 canos de formigón.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitocentos setenta e dous mil oitocentos noventa e tres euros con corenta e cinco céntimos (872.893,45 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código de proxecto 2016 00219).

6. Resolución do 22 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución das obras de mantemento e restauración da Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras.

– Actividade: intervención puntual e saneamento naqueles elementos que foron deteriorados polo paso dos anos e que se encontran expostos á intemperie na Casa Grande de Viloira, edificio histórico da comarca de Valdeorras que aloxa servizos da Xunta de Galicia tales como as brigadas de incendios, servizos de medio ambiente, unha oficina agraria comarcal ou un rexistro da Xunta de Galicia. Concretamente, actuarase sobre a fachada, a cuberta e o pórtico de entrada ao predio.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos setenta e oito mil catrocentos doce euros con doce céntimos (278.412,12 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A 632.1 (código de proxecto 2021 00084).

7. Resolución do 28 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a construción de puntos de auga para carga de vehículos contra incendios forestais no distrito XVIII: Vigo-Baixo Miño, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de nove depósitos de auga para carga de vehículos contra incendios no distrito forestal XVIII, nos concellos de Fornelos de Montes, O Porriño, Oia, Baiona, Mos, Pazos de Borbén e Soutomaior, na provincia de Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos oitenta e seis mil trescentos vinte e cinco euros con oitenta e tres céntimos (286.325,83 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

8. Resolución do 28 de xuño de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) traballos preventivos contra os incendios forestais nos núcleos de Fornelos e Abelenda, en Carballeda de Avia, no distrito forestal XI, provincia de Ourense, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: os traballos preventivos comprenden a creación e mellora de áreas cortalumes e faixas auxiliares nos núcleos de Fornelos e Abelenda (distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro) e a construción dun cercado no perímetro da zona de actuación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento dous mil cento setenta e catro euros con noventa e catro céntimos (102.174,94 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.601.1 (código de proxecto 2016 00212).

9. Resolución do 19 de xullo de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a reforma e ampliación do edificio do centro comarcal para oficina rural de Ordes.

– Actividade: reforma e ampliación do edificio do centro comarcal de Ordes para adaptalo ás novas necesidades do seu novo uso administrativo mediante a creación dun novo volume interconectado co edificio existente e o acondicionamento e reforma dos espazos e instalación do edificio actual.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos cincuenta e oito mil douscentos dezasete euros con quince céntimos (658.217,15 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01 711A 632.1 (código de proxecto 2021 00084).

10. Resolución do 21 de xullo de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora de 28 puntos de auga empregados para a prevención e defensa contra os incendios forestais nos distritos forestais VI, VII, IX e X, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: mellora de 28 puntos de auga empregados para a prevención e defensa contra os incendios forestais nos distritos forestais VI (A Mariña), VII (A Fonsagrada e Os Ancares), IX (Lugo-Sarria) e X (Terra Chá).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e cinco mil douscentos sesenta e sete euros con noventa e cinco céntimos (145.267,95 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

11. Resolución do 20 de xullo de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a xestión do servizo dun matadoiro móbil na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2022.

– Actividade: o servizo recolle aspectos como a preinscrición das persoas usuarias como demandantes do servizo, xestión de avisos e rutas, sacrificio dos animais, xestión, almacenamento e transporte das canais, xestión e cobramento de servizos, xestión e almacenamento de residuos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde que a Consellería do Medio Rural llo encargue formalmente a Tragsatec, unha vez aprobado o expediente, ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos setenta e seis mil setecentos cincuenta e nove euros con vinte e nove céntimos (376.759,29 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713C 640.1 (código de proxecto 2020 00054).

12. Resolución do 11 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico á Dirección Xeral de Defensa do Monte na emisión e revisión de documentación de procedementos e control de execución de fondos europeos.

– Actividade: servizo de apoio técnico necesario para a:

a) Actualización e revisión do Manual de procedemento e do Plan de controis da medida 8, submedida 8.30 do PDR de Galicia, para os capítulos VI e VII dos orzamentos da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

b) Elaboración dun plan de controis para a medida integrada nos fondos MRR asignados á Dirección Xeral de Defensa do Monte.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 2 meses desde o día da sinatura da acta de inicio.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de nove mil novecentos setenta euros e quince céntimos (9.970,15 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B 640.1 (código de proxecto 2008 00391).

13. Resolución do 5 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora da base de helicópteros en Becerreá (Lugo), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: obras de reparación na cuberta do edificio que serve como zona de descanso, comedor e vestiarios, tanto do persoal de extinción como da tripulación, así como almacén para os equipos de extinción contra incendios na base de helicópteros de Becerreá.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de vinte e seis mil trescentos vinte e catro euros con dezaoito céntimos (26.324,18 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

14. Resolución do 10 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización dos traballos de apoio técnico en campo aos inspectores de sanidade vexetal en traballos de prospección, identificación e vixilancia fitosanitaria da praga de corentena Flavescencia dourada da vide e no control poboacional da Arvicola Schermann.

– Actividade: identificación, prospección e vixilancia fitosanitaria no plan de control da Flavescencia dourada da vide, elaboración de cartografía e seguimento mediante GIS, estudos de control biolóxico da Arvicola Schermann.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a recepción da encarga ata o 31 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta mil novecentos sete euros con sesenta e seis céntimos (60.907,66 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

15. Resolución do 22 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico previo á preparación de informes aos recursos de alzada contra o acordo, así como as propostas de modificación de bases e acordo para a validación documental co obxecto de inmatriculación rexistral das zonas de reestruturación parcelaria 2022-2023.

– Actividade: apoio técnico aos directores das zonas de reestruturación parcelaria e apoio técnico na comprobación, actualización e validación da documentación gráfica e alfanumérica nos procesos de concentración parcelaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses desde o 5 de setembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón trescentos oitenta e cinco mil corenta e dous euros con cincuenta céntimos (1.385.042,50 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 640.1 (código de proxecto 2020 00079).

16. Resolución do 29 de agosto de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da obra dos camiños secundarios e mellora de camiños principais da ZCP de Briallos (Portas, Pontevedra), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: execución de varias actuacións previstas no proxecto da obras dos camiños secundarios e mellora de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Briallos, no municipio de Portas (Pontevedra).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos setenta e cinco mil oitocentos setenta e dous euros con noventa e oito céntimos (575.872,98 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A 604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural