Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde.

O Pleno do Concello de Soutomaior, en sesión do 29 de setembro de 2022, aprobou definitivamente o expediente do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior.

Antecedentes:

1. Mediante a Resolución da Alcaldía do 26 de marzo de 2021, número 2021/124, adxudicóuselle á empresa Arqyur, S.C. o contrato menor de servizo para a redacción do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun centro de saúde en Soutomaior.

2. O 3 de maio de 2021 (RE 413/21) foi entregado polo equipo redactor no Rexistro Xeral do Concello o borrador e documento ambiental estratéxico (DAE) do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas.

3. Mediante a Resolución da Alcaldía do 5 de maio de 2021 acordouse solicitar da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia o inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada do sinalado PEID. Para tal efecto remítese a documentación técnica do borrador do DAE en soporte dixital e ficheiros editables.

4. O 24 de xuño de 2021 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria o PEID remitido, ao non prever efectos significativos sobre o ambiente.

5. Constan no expediente administrativo os seguintes informes sectoriais emitidos polos organismos, nas datas e co resultado que se indican a seguir:

Organismo

Solicitude

Informe

Sentido

Servizo Provincial de Costas de Pontevedra. AXE.

27.5.2021 (emenda)

Non consta

Non consta

Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e e Urbanismo. Xunta de Galicia.

10.5.2021

21.5.2021

Favorable

Dirección Xeral de Aviación Civil. AXE.

15.5.2021

1.7.2021

Favorable

6. O 19 de xuño de 2021 o equipo redactor fixo entrega do documento para a aprobación inicial do citado PEID destinado á implantación dun centro de saúde.

7. O 6 de xullo de 2021 a arquitecta municipal emitiu informe relativo á avaliación económica do PEID en tramitación, avaliando o custo total dos traballos de redacción da documentación técnica execución técnica e obtención do solo en 177.026,08 €.

8. O 6 de xullo de 2021 a arquitecta municipal emitiu informe relativo á avaliación económica do PEID en tramitación, avaliando o custo total dos traballos de redacción da documentación técnica, execución técnica e obtención do solo en 177.026,08 €.

9. O 22 de xullo de 2021 emitiron informe os servizos de Asesoría Xurídica do Concello e Secretaría Municipal.

10. O 26 de xullo de 2021 emitiu ditame a Comisión Informativa de Obras, Urbanismo e Medio Ambiente do Concello.

11. En sesión do 28 de xullo de 2021 o Pleno do Concello de Soutomaior adoptou o seguinte acordo: I) Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas, datado en xullo de 2021, presentado xunto cos seus anexos no Concello o 26 de outubro de 2009, baixo o rexistro de entrada número 3531/09; II) Someter á información pública a documentación do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior por termo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia; III) Notificarlles individualmente o acordo de aprobación e exposición pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados; IV) Solicitar ás administracións públicas afectadas pola súa competencia sectorial que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial.

12. Consta no Diario Oficial de Galicia núm. 149, do 5 de agosto de 2021 (pax. 39393) a publicación de anuncio de aprobación inicial de infraestruturas e dotacións obxecto do expediente con sometemento á información pública durante o prazo de dous meses.

13. Consta igualmente a publicación de anuncio de aprobación inicial e sometemento a información pública do sinalado documento na edición do xornal Faro de Vigo do 6 de agosto de 2021 (páx. 14).

14. Constan no expediente cursadas notificacións individualizadas aos seguintes titulares das seguintes parcelas catastrais afectadas pola actuación urbanística, co seguinte resultado:

Parcela-titular

Notificación

Alegacións

36053A016004800000XW-LCL

9.9.2021

Non constan

36053A016004820000XB-MFP

8.9.2021

Non constan

36053A016004830000XY-CVC

8.9.2021

Non constan

36053A016004840000XG-EBM

9.9.2021

Non constan

36053A016004850000XQ-DAC

8.9.2021

Non constan

36053A016004860000XP-RCC

8.9.2021

Non constan

36053A016004870000XL-RLL

9.9.2021

Non constan

36053A016004880000XT-ALR

15.9.2021

Non constan

36053A016004890000XF-MFP

8.9.2021

Non constan

36053A016004900000XL-CCM

9.9.2021

Non constan

36053A016004900000XL-ELM/AFL

8.9.2021 (ELM)/
24.9.2021 (AFL)

13.9.2021 (ELM)

Condición de copropietaria/(AFL)

Non constan

36053A016004930000XM-EBM

9.9.2021

Non constan

36053A016004940000XO-MCL

9.9/2021

Non constan

36053A016004810000XA-ALF

8.9/2021

Non constan

15. Constan igualmente solicitados tras la aprobación inicial e antes da aprobación provisional os seguintes informes sectoriais, co resultado indicado:

Administración

Solicitude

Resultado

D.X. de Aviación Civil do Ministerio de Fomento

7.9.2021

15.11.2021. Favorable con recordatorio de obrigas que non afecta o contido do documento

Delegación de Goberno en Galicia

8.9.2021

10.12.2021 e 16.12.2021. Favorable

Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

8.9.2021

4.11.2021. Favorable

Administración autonómica

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

8.9.2021

4.11.2021. Non incidencia

Augas de Galicia

8.9.2021- 23.11.2021

23.11.2021. Favorable con precisións

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

8.9.2021

10.9.2021. Posterior

Administración Provincial

Deputación de Pontevedra

9.9.2021-2.12.2021

7.2.2022. Favorable condicionado

16. O 25 de novembro de 2021 emitiu certificación a Secretaria Municipal canto á non presentación de alegacións dentro do prazo de exposición pública.

17. O 9 de febreiro de 2022 o equipo redactor presenta documento refundido para a aprobación provisional.

18. O 21 de febreiro de 2022 emiten informe os servizos técnicos municipais que conclúe que, no relativo á calidade técnica do planeamento proxectado e de conformidade do plan coa lexislación vixente, a proposta cumpriría coas determinacións do PXOM, ao seren todos os informes sectoriais de carácter favorable. En consecuencia, infórmase en sentido favorable coas seguintes precisións:

• Producida a aprobación provisional do presente plan especial, deberase dar traslado deste á Administración competente en materia de costas do Estado e da Comunidade Autónoma, co fin de que se pronuncien sobre el.

O nó enlace viario proposto será obxecto dun proxecto ordinario de obras de urbanización, que deberá ser informado novamente pola Deputación Provincial de Pontevedra anteriormente á súa aprobación por parte do Concello de Soutomaior.

Así mesmo, sinala a arquitecta municipal que as modificacións introducidas respecto do documento aprobado inicialmente non suporían cambio substancial en canto ao aprobado inicialmente. Neste sentido, a modificación máis relevante sería a introdución dunha nova rotonda para resolver os accesos ao ámbito, por solicitude da deputación provincial titular da estrada EP-2908.

19. O 1 de marzo de 2022 emítese informe da Asesoría Xurídica e Secretaría Municipal.

20. Consta no expediente acordo adoptado o 8 de marzo de 2022 pola Comisión Informativa de Obras, Urbanismo, Servizos e Medio Ambiente en sentido favorable á aprobación provisional do documento refundido e sometemento á DXOT para emisión de informe preceptivo.

21. En sesión desenvolvida o 11 de marzo de 2022, o Pleno do Concello de Soutomaior acorda aprobar provisionalmente o documento refundido do PEID do centro de saúde datado en febreiro de 2022. Ademais, acorda someter o documento aprobado provisionalmente, co expediente completo debidamente dilixenciado, á DXOTU da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para os efectos previstos no artigo 75.1.e) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

22. O 17 de marzo de 2022 elévase á DXOTU copia do expediente tramitado e documento do PEID aprobado provisionalmente para a emisión de informe preceptivo, rexistrándose.

23. O 16 de maio de 2022 recíbese informe da DXOTU do 13 de maio en sentido favorable á aprobación definitiva do documento, coas condicións indicadas nos puntos II.2 e II.3 do informe canto á adaptación formal do documento ás normas técnicas de planeamento urbanísticas (NNTTPP) aprobadas pola Orde do 8 de abril de 2022.

24. Constan solicitados, tras a aprobación provisional e antes da aprobación definitiva, os seguintes informe sectoriais en materia de protección de costas, co resultado indicado:

Administración

Solicitude

Resultado

Administración do Estado. D. X. da Costa e o Mar. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

19.5.2022- 8.6.2022 (remisión en castelán)

Non emitido en prazo

Administración autonómica. DXOTU. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

2.9.2022

9.9.2022. Favorable

25. O día 21.9.2022 (2022-E-RE-1308) foi entregado o documento para aprobación definitiva do plan especial.

26. O día 21.9.2022 a arquitecta municipal emite informe técnico favorable.

27. O día 22.9.2022 a Secretaría emite informe-proposta favorable á aprobación definitiva.

28. Consta no expediente ditame favorable, do 26.9.2022, da Comisión Informativa de Obras, Urbanismo, Servizos e Medio Ambiente.

O Pleno do Concello, por unanimidade, adopta o seguinte

ACORDO:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior, redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas, coas modificacións resultantes das observacións formuladas pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, con indicación, de ser o caso, das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente e a referencia ao enderezo electrónico que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente o acordo de aprobación definitiva do plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados aos cales xa se lles notificou a aprobación inicial deste».

Recursos.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo, de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puider xulgar máis conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior estará á disposición na ligazón seguinte: https://soutomaior.sedelectronica.es/transparency/54fc2165-b480-4484-b02b-5eccfe447a4f/

Soutomaior, 4 de outubro de 2022

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde