Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56570

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Vicusfish, S. Coop. Galega

ANUNCIO do acordo de disolución, liquidación e extinción simultánea da cooperativa.

Mediante a Xunta Xeral Universal do 14 de xaneiro de 2022 acordouse disolver, liquidar e extinguir simultaneamente a entidade logo de nomear liquidador único a Roberto Fernández Fernández. Aprobouse, así mesmo, o balance final de situación no 18 de xullo de 2022.

Activo

Pasivo

Fondos propios: 

-5.362,24 €

Capital social: 3.000 €

Resultados exercicios anteriores: -8.362,24

Total activo: 1.607,01 €

Total pasivo: 1.607,01 €

A tesouraría repártese entre os socios, que desta forma se dan por saldados e liquidados nas súas pretensións económicas, incluído o reembolso do capital social.

Durante o prazo de dous meses, contado desde esta publicación, poderán impugnarse os acordos precedentes.

Vigo, 5 de outubro de 2022

Roberto Fernández Fernández
Liquidador