Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56489

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas en relación con diversas actuacións referidas á obra de adaptación da rúa Rodríguez de Viguri para a localización dunha paraxe de intercambio modal na cidade administrativa de San Caetano.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas en relación con diversas actuacións referidas á obra de adaptación da rúa Rodríguez de Viguri para a localización dunha parada de intercambio modal na cidade administrativa de San Caetano, que ten as seguintes características:

1. Obxecto: esta encomenda terá por obxecto a realización, respecto da obra referida, das seguintes actuacións:

• A dirección e execución do servizo de redacción do proxecto relativo á actuación referida.

• A elaboración, de ser o caso, de acordo co establecido no artigo 235 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, do informe de supervisión do referido proxecto, así como a realización, de acordo co establecido no artigo 236 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, da acta de implantación do referido proxecto.

• A elaboración dos documentos de carácter técnico que, en relación co procedemento de adxudicación do contrato de obra e, de ser o caso, dos contratos de servizo complementarios relativos a esta actuación, solicite o órgano encomendante.

• A dirección de execución da obra e, de ser o caso, dos servizos complementarios obxecto do referido contrato.

– Os correspondentes documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

2. Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao seren a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

3. Prazo de vixencia: a presente encomenda estará vinculada á execución do contrato das obras referenciadas e, en todo caso, rematará antes do 31 de decembro de 2023.

4. Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

5. Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que preste no seu desenvolvemento.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade